Outarelo é un lugar da parroquia do Castro de Valdeorras no concello ourensán do Barco de Valdeorras na comarca de Valdeorras. Segundo o INE e o IGE en 2011 tiña vinte habitantes (dez homes e dez mulleres), a mesma cantidade ca en 2010. Patrimonio
Na aldea hai unha capela adicada a Francisco Blanco, construída en 1920 sobre un templo anterior, orixinario de 1615. No templo consérvase o cranio do santo, traído da man de Andrés de Prada, orixinario deste lugar e secretario do rei Filipe III. Creou o morgado na súa localidade natal, mais ao morrer sen descendencia de seu herdouno o seu sobriño Diego de Prada e González, segundo Señor da Casa de Outarelo.
Lugares e parroquias Lugares do Castro de Valdeorras
Parroquias do Barco de Valdeorras
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
(1999): Vilanova, Outarelo y San Francisco Blanco. Monografía histórica de una parroquia gallega. O Barco de Valdeorras. ISBN 84-930834-2-9 (2001): Don Andrés de Prada, Señor de la Casa de Outarelo y Secretario de los reyes Felipe II y Felipe III, in Cuadernos del Instituto de Estudios Valdeorreses, Monográfico nº 33, p. 105 - 139.
Categoría:Lugares do Barco de Valdeorras Categoría:O Barco de Valdeorras poboación 2011