Silverstone é unha vila e parroquia civil en Northamptonshire, Inglaterra. Está a 6,4 km de Towcester pola A43 a antiga estrada principal, e a 16 km pola autoestrada M1. A A43 circunvala a vila polo sur-este, entre a vila e o circuíto de carreiras.

Historia Na Idade Media o comercio da aldea baseábase na madeira do bosque Whittlewoos nos arredores da vila. O comercio da madeira chega ata os nosos días. No lado norte da igrexa parroquial atópanse os restos medievais de estanques para peixes.

Igrexa parroquial miniatura|dereita|Igrexa de Saint Michael.

Silverstone tiña unha capela do 1200. Ao redor de 1780 o edificio medieval foi substituído por un de arquitectura xeorxiana. Toda a igrexa foi demolida na década de 1880 e substituído pola actual igrexa parroquial de Saint Michael, que é de arquitectura neogótica o edificio deseñado por James Piers St Aubyn e completado en 1884 Pevsner e Cherry.

Instalacións A vila conta cun pub, o White Horse Inn.

A 1 km ao sur da vila esta o Circuíto de Silverstone, unha antiga base de bombardeiros da Royal Air Force da segunda guerra mundial e agora sede tradicional do Gran Premio do Reino Unido, a carreira de Fórmula 1 que atrae máis de 300.000 visitantes cada ano.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas

Categoría:Vilas e cidades de Northamptonshire