A lixa, ou papel de lixa é unha folla de papel que ten nunha das súas caras adherido un material abrasivo, composto xeralmente por grans minerais (areas, esmeril) que se utiliza para puír madeiras, metais, e outros materiais.
A súa granulación varía de 16 a 3000, que se refire ao número de grans de area por centímetro cadrado. Canto maior a granulación, máis fina é.
As lixas máis finas utilízanse normalmente para puír. Unha lixa 200, por exemplo, é a máis indicada para paredes e madeira.
Numeración
LixaEspecificación/Utilización20Extremadamente grosa, con gran capacidade de desbaste.36Extremadamente grosa, con gran capacidade de desbaste para madeiras e outros materiais.60Grosa.80/100Grosa, utilizada para a remoción de oxidacións de metais e para superficies con pinturas de difícil remoción.120/180Media, de utilización en xeral.220/240Media, recomendada para madeiras.320Fina, a primeira lixa para acabados máis finos.400Fina, recomendada para lustrar.600/1200Moi fina, para lustre e puído.>1600Extremadamente fina, para lustre de xoias.
Categoría:Ferramentas