250px|thumb|Palacio de San Esteban

O Consello de Goberno da Rexión de Murcia (Consejo de Gobierno de la Región de Murcia) é o órgano colexiado superior da Rexión de Murcia, ao que corresponde o exercicio da potestade regulamentaria e o desempeño da función executiva. Está composto polo Presidente, o Vicepresidente (no seu caso) e os Conselleiros.

Conselleiros .CargoNome12pxPresidenteRamón Luis Valcárcel Siso Vicepresidente para Asuntos Económicos / Conselleiro de Economía e FacendaJuan Bernal Roldán Conselleiro de PresidenciaManuel Campos Sánchez Conselleiro de Agricultura e AugaAntonio Cerdá Cerdá Conselleiro de Obras Públicas e Ordenación do TerritorioAntonio Sevilla Recio Conselleiro de Cultura e TurismoPedro Alberto Cruz Sánchez Conselleira de Sanidade e Política SocialMaría Ángeles Palacios Sánchez Conselleiro de Universidades, Empresa e Investigación / PortavozJosé Ballesta Germán Conselleiro de Educación, Formación e EmpregoConstantino Sotoca Carrascosa

Presidentes

O Presidente do Consello de Goberno da Rexión de Murcia é elixido polos deputados da Asemblea Rexional de Murcia e ten que ser un membro desta. Ademais de xefe do Consello de Goberno, é o representante da Rexión de Murcia e correspóndelle a convocatoria de eleccións nos termos previstos na Lei Reguladora do Réxime Electoral Xeral.

Antes da configuración do Goberno nos termos previstos no Estatuto de Autonomía, houbo dous Presidentes do Consello Rexional, como ente preautonómico:

Nº Nome Inicio Fin Partido 1. Antonio Pérez Crespo 1978 1979 UCD 2. Andrés Hernández Ros 1979 1982 PSOE

A partir da aprobación do Estatuto de Autonomía (1982) a Rexión de Murcia tivo os seguintes Presidentes:

Nº Nome Inicio Fin Partido 1. Andrés Hernández Ros 1979 1984 PSOE 2. Carlos Collado Mena 1984 1993 PSOE 3. María Antonia Martínez García 1993 1995 PSOE 4. Ramón Luis Valcárcel 1995 actualidade PP

Sedes A sede da Presidencia da Rexión de Murcia áchase no Palacio de San Esteban, en Murcia, en cuxas dependencias teñen lugar as reunións do Consello de Goberno.

A Asemblea Rexional, órgano lexislativo da Rexión de Murcia, atópase na cidade de Cartagena.

Véxase tamén Estatuto de Autonomía da Rexión de Murcia Asemblea Rexional de Murcia

Ligazóns externas Sitio web oficial

Murcia Categoría:Política da Rexión de Murcia