O fútbol en Azerbaidján comezou a ser escrito a partir da obtención da independencia de Azerbaidján, o ano 1991, cando a Asociación de Federacións de Fútbol de Azerbaidján pasou a integrar a FIFA e da UEFA en 1994, podendo participar do fútbol en todas as súas categorías.

A selección de fútbol de Azerbaidján foi fundada en 1992, tras o desmembramento da Unión Soviética e quedou inscrita na FIFA e na UEFA en 1994. Este equipo é dos menos competitivos de Europa e nunca se clasificou para unha fase final dun mundial ou dunha Eurocopa.

O Neftçi Baku PFC foi un dos grandes equipos do campionato soviético, chegando a participar de competicións do fútbol europeo. A selección soviética nacional tamén contou con futbolistas azarís, como Anatoliy Banishevskiy, no Mundial de Fútbol Inglaterra 1966.

Véxase tamén

Outros artigos Premyer Liqasi

Ligazóns externas Sitio web oficial da Asociación de Federacións de Fútbol de Azerbaidján Sitio web Azerbaidján da FIFA.com