O Gran Premio de México de Fórmula 1 de celebrouse en Cidade de México o 25 de outubro de 1964.
Resumo
Foi unha das finais máis dramáticas na historia do Campionato do Mundo de Fórmula Un. Os puntos para o Campionato só podían ser anotados polos seis primeiros finalistas (9-6-4-3-2-1). Ao chegar á carreira, tres pilotos tiñan a oportunidade de gañar o título. Graham Hill (BRM) con 39 puntos, John Surtees (Ferrari) con 34 puntos e Jim Clark (Lotus-Climax) con 32 puntos. A carreira comezou con Clark saíndo desde a pole position por diante de Dan Gurney no Brabham-Climax (Gurney tiña só dez puntos ao inicio desta carreira logo de gañar o Gran Premio de Francia e dun sexto lugar). Hill e Lorenzo Bandini, compañeiro de Surtees en Ferrari, loitaban polo terceiro posto, con Surtees nun distante quinto lugar, aparentemente sen ningunha posibilidade de gañar o título. De rematar nestas posicións, Clark sería campión con catro vitorias por dúas vitorias de Hill, a pesar de estar empatados a 39 puntos. Bandini bateu á parte traseira do coche de Hill facéndoo trompear e perder algúns postos. A partir de entón coche de Hill correu co tubo de escape abolado, o que lle fixo perder potencia. O campionato estaba agora nas mans de Clark. Na penúltima volta, o motor de Clark parouse e as posicións quedaron Gurney-Bandini-Surtees. O título estaba de novo nas mans de Hill. Ao darse conta de que Surtees podería gañar o título terminando en segundo lugar, o director do equipo Ferrari avisou freneticamente a Bandini para que frease e entrase en boxes na última volta, para deixar adiantar a Surtees. Bandini obedientemente fíxoo e Surtees terminou en segundo lugar, gañando así o Campionato Mundial por un punto sobre Hill (40 por 39).
Clasificación
Pos Nº Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos 1 6 Dan Gurney Brabham-Climax 65 2:09:50.32 2 9 2 7 John Surtees Ferrari 65 + 1:08.94 4 6 3 8 Lorenzo Bandini Ferrari 65 + 1:09.63 3 4 4 2 Mike Spence Lotus-Climax 65 + 1:21.86 5 3 5 1 Jim Clark Lotus-Climax 64 Motor 1 2 6 18 22px Pedro Rodríguez Ferrari 64 + 1 volta 9 1 7 9 Bruce McLaren Cooper-Climax 64 + 1 volta 10 8 4 Richie Ginther BRM 64 + 1 volta 11 9 10 Phil Hill Cooper-Climax 63 Motor 15 10 17 22px Moisés Solana Lotus-Climax 63 + 2 voltas 14 11 3 Graham Hill BRM 63 + 2 voltas 6 12 11 Innes Ireland BRP-BRM 61 + 4 voltas 16 13 23 Hap Sharp Brabham-BRM 60 + 5 voltas 19 Ret 15 Chris Amon Lotus-BRM 46 Caixa cambios 12 Ret 5 Jack Brabham Brabham-Climax 44 Eléctrico 7 Ret 14 Mike Hailwood Lotus-BRM 12 Temperatura 17 Ret 22 Jo Siffert Brabham-BRM 11 Bomba gasolina 13 Ret 16 Jo Bonnier Brabham-Climax 9 Suspensión 8 Ret 12 Trevor Taylor BRP-BRM 6 Temperatura 18
Notas
Por primeira vez, tres pilotos británicos chegaron á última carreira con opcións de gañar o campionato. Graham Hill (39 pts.) necesitaba: Ser 1º Ser 3º, con Surtees segundo ou peor Clark segundo ou peor, Surtees terceiro ou peor John Surtees (34 pts.) necesitaba: Ser 1º Ser 2º, con Graham Hill 4º ou peor Jim Clark (30 pts.) necesitaba: Ser 1ª, con Surtees 3º ou peor e Graham Hill 4º ou peor Jim Clark estivo a piques de logralo. Se o seu motor non se estragara na última volta, el faría o suficiente para gañar o campionato.. Noutra banda tres construtores estaban loitando polo campionato. Ferrari (43 pts.) necesitaba: Ser 1º 2º, co mellor BRM terceiro ou peor O mellor Lotus-Climax segundo ou peor e o mellor BRM 3º ou peor BRM (42 pts) necesitaba: Ser 1º Lotus-Climax (37 pts) necesitaba: Ser 1ª, co mellor Ferrari terceiro ou peor Unha vez máis, se o motor de Jim Clark non se queimara, entón Lotus-Climax gañaría o Campionato de Construtores
Véxase tamén Ligazóns externas
Posicións logo da carreira
Clasificación do campionato de pilotos PosPilotoPuntos 10px 1 1 John Surtees 40 10px 1 2 Graham Hill 39 (41) 10px 3 Jim Clark 32 10px 1 4 Lorenzo Bandini 23 10px 1 5 Richie Ginther 23
Clasificación do campionato de construtores Pos Construtor Puntos 10px 1 Ferrari 45 (49) 10px 2 BRM 42 (51) 10px 3 Lotus-Climax 37 (40) 10px 4 Brabham-Climax 30 10px 5 Cooper-Climax 16
Notas:Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación. Só os 6 mellores resultados contan para o Campionato. Os números sen paréntese son os puntos do campionato, os números entre paréntese son o total de puntos anotados.
Ligazóns externas
México Categoría:Gran Premio de México de Fórmula 1