Johan Ernst Gunnerus, nado en Christiania (Oslo) o 26 de febreiro de 1718 e finado en Kristiansund (Noruega) o 23 de setembro de 1773, foi un naturalista, profesor, botánico, micólogo e bispo noruegués.
Traxectoria
Gunnerus naceu en Christiania. Foi bispo de Trondheim desde 1758, e profesor de teoloxía na Universidade de Copenhaguen.
Gunnerus tiñaa un grande interese pola historia natural e acumulou unha gran colección de espécimes das súas excursións polo centro e o norte de Noruega. Tamén solicitaba aos seus coñecidos que llos enviaran.
Xunto co historiador Gerhard Schönning e Peter Friederich Suhm fundou a Sociedade Trondheim en 1760.
En 1767 recoñecéuselle o seu labor nomeándoo membro da Real Sociedade das Ciencias e as Letras de Noruega, da que foi vicepresidente e Director Perpetuus desde 1767 a 1773.
A Sociedade comezou a publicar, en 1761, un semanario titulado Det Trondhiemske Selskabs Skrifter, actualmente publicado como Det Kongelige Norske Videnskabers Selskabs Skrifter.
En 1765 Gunnerus publicou a descrición dun tiburón neste semanario, dándolle o nome científico de Squalus maximius, hoxe denominado Cetorhinus maximus (Gunnerus).
Gunnerus foi o primeiro en suxerir que as luces do norte (auroras boreais estaban causadas polo Sol, e que tamén podería haber auroras polares ao redor da Lúna, Venus e Mercurio.
Epónimos O xénero de plantas Gunnera L. 1756 foi nomeado na súa honra.
Abreviaturas A abreviatura Gunnerus emprégase para indicar a como autoridade na descrición e clasificación científica en botánica. A abreviatura Gunnerus emprégase para indicar a como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Véxase tamén
Ligazóns externas Johan Ernst Gunnerus en IPNI (Índice Internacional de Nomes das Plantas). Consultada o 9/12/2012. Publicacións de Gunnerus en GDZ. Consultada o 9/12/2012. Libros de e sobre Gunnerus en WorldCat. Consultada o 9/12/2012. Biografía de Gunnerus en Nordisk familjebok. Consultada o 9/12/2012.
Categoría:Científicos de Noruega Categoría:Biólogos de Noruega Categoría:Nados en Oslo Categoría:Nados en 1718 Categoría:Finados en 1773 Categoría:Personalidades do protestantismo de Noruega Categoría:Micólogos Categoría:Ornitólogos de Noruega