La Nueva Época foi un periódico editado en Ourense entre 1895 e 1900.Cabo Villaverde (2023), p. 36 Posteriormente, tivo unha segunda época entre 1900 e 1901.
Historia e características Subtitulado Diario católico de Orense, apareceu en 1895. Fundado por Luís Madriñán Megid. De tendencia católica, era simpatizante de Francisco Silvela. Entre os seus colaboradores estaban Ramón Plasencia Ruibal, Antonio Rey Soto, César Abellás Vázquez, Basilio Álvarez e Juan de Dios Blas Martín. Non se conservan exemplares.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas "La Nueva Epoca" Orense (1895-1900)
Categoría:Prensa escrita de Ourense Categoría:1895 en Galicia