miniatura|left|A cidade de Port of Spain. Trinidad e Tobago conquistou a reputación de ser un local de investimento excelente para os negocios internacionais, e ten unha das máis altas rendas per cápita da América Latina. O crecemento económico entre os anos de 2000 e 2007 superou a media anual de 8%, ben por enriba do 3,7% da media de crecemento da rexión para o mesmo período. A pesar diso o ritmo de crecemento diminuíu, e entre 2009 e 2011 o PIB sufriu retracción, debido a caídas no prezo do gas natural e mudanzas nos mercados.
A economía susténtase en boa parte no feito de que o país acadou sona como área de investimento con excelente condicións para os negocios internacionais. Alén do gas natural, o turismo é un sector en crecemento, aínda que non sexa tan importante, proporcionalmente, como en moitas outras illas do Caribe. As principais industrias son a petroquímica e a produción de produtos químicos. A economía benefíciase dunha reducida inflación, e de superávits comerciais.
Notas
Categoría:Trinidad e Tobago Trinidad e Tobago