200px|miniatura|Imaxe en movemento dos pulmóns A pneumoloxía é a especialidade médica responsábel das patoloxías das vías aéreas inferiores, isto é, traquea, bronquios, bronquíolos e pulmóns.
Doenzas tratadas Algunhas das enfermidades que máis adoitan ser tratadas por esta especialidade atópanse a apnea obstrutiva do sono, a enfermidade ou doenza pulmonar obstrutiva crónica (DPOC ou EPOC), os diferentes tipos de pneumonías, a fibrose quística, a tuberculose, micoses pulmonares, doenzas pulmonares intersticiais, trastornos vasculares dos pulmóns, doenzas autoinmunes de afectación pulmonar e as pneumoconioses.
Avaliación Alén da avaliación clínica, os pneumólogos tamén son quen de realizar exames espirométricos para avaliar a función respiratoria. Polo xeral, considérase unha especialidade da medicina interna, aínda que se relaciona intimamente coa medicina intensiva polo feito de trataren aos doentes que precisan ventilación mecánica. A cirurxía da zona respiratoria é realizada polos cirurxiáns torácicos. Os médicos especialistas neste eido denomínanse pneumólogos.
Historia da pneumoloxía Un dos primeiros descubrimentos importantes relevantes para o campo da pneumoloxía foi o descubrimento da circulación pulmonar. Orixinalmente, pensábase que o sangue que chegaba ao lado dereito do corazón pasaba a través de pequenos 'poros' no septo ao lado esquerdo para ser osixenado, como teorizou Galeno; porén, o descubrimento da circulación pulmonar desmente esta teoría, que xa fora aceptada desde o século II. O anatomista e fisiólogo Ibn Al-Nafis do século XIII teorizou con precisión que non había un paso "directo" entre os dous lados (ventrículos) do corazón. Cría que o sangue debía pasar pola arteria pulmonar, polos pulmóns e de volta ao corazón para ser bombeado bombeado polo corpo. Moitos cren que esta é a primeira descrición científica da circulación pulmonar.
Aínda que a medicina pulmonar só comezou a evolucionar como especialidade médica na década de 1950, William Welch e William Osler fundaron a organización matriz ou "nai" da Sociedade Torácica Americana (American Thoracic Society), a Asociación Nacional para o Estudo e a Prevención da Tuberculose. En España, a Lei de especialidades de 1977 dividiu a especialidade de "pulmón e corazón" en cardiólogos e neumólogos.
O coidado, tratamento e estudo da tuberculose pulmonar é recoñecida ás veces como unha disciplina de seu. Cando a especialidade comezou a evolucionar, fixéronse varios descubrimentos que vinculaban o sistema respiratorio e a medición de gases no sangue arterial, atraendo cada vez máis médicos e investigadores ao campo en desenvolvemento.[http: //www.hopkinsmedicine.org/pulmonary/about/history.html Historia da División] . Hopkinsmedicine.org. Consultado o 30-09-2011.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Historia da Medicina Cardioloxía
Categoría:Pneumoloxía