Os cotobelos son os nós ou vultos que forman as articulacións dos dedos e dedas ao se dobraren. Adoitan ser prominentes cando a man está pechada. A definición médica é a de formación das articulacións metacarpofalánxicas e interfalánxicas de cada dedo.
Sinonimia Reciben tamén os nomes de cotomelos, cotelos, cotenos, nocellos, noelos e nortellos, pero algúns deles teñen diversas acepcións referidas a outras articulacións segundo o dicionario da RAG 2026, empezando polo propio cotobelo, que tamén pode significar cóbado. Cotelo e noelo. Vulto que forman as articulacións falánxicas dos dedos das mans ao se dobraren. Coteno. Vulto das articulacións falánxicas dos dedos. Persoa á que lle falta un dedo ou parte dun dedo. Cotobelo, cotomelo. Vulto das articulacións falánxicas dos dedos. Cóbado. Nocello, nortello e nartello. Vulto das articulacións falánxicas dos dedos. Parte saínte do pulso. Parte saínte da articulación da perna co pé (tornecelo).
Triscar os cotobelos O mecanismo físico que hai detrás do ruído que se sente ao triscar as articulacións, como ocorre nos cotobelos, foi dilucidado en 2015 por medio de cine MRI e era causado por tribonucleación cando se forma unha burbulla de gas no líquido sinovial que baña a articulación.Kawchuk GN, Fryer J, Jaremko JL, Zeng H, Rowe L, Thompson R (2015) Real-Time Visualization of Joint Cavitation. PLoS ONE 10(4): e0119470. https://doi.org/10.1371/journal.pone.0119470 Malia esta evidencia, moitas persoas aínda cren que é causado porque o líquido sinovial enche o baleiro deixado polo desprazamento da articulación.Johns Hopkins Arthritis Center, Knuckle Cracking and Arthritis En 2009, Donald L Unger recibiu o premio Ig Nobel de MedicinaIg Nobel Prize Winners for 2009 polo seu informal experimento sobre o triscado de cotobelos. Durante 50 anos, triscou os cotobelos dunha man sen triscar os da outra man durante todo ese tempo. Informou que non tivera ningún problema de artrite en ningunha das mans.Does knuckle cracking lead to arthritis of the fingers?
Notas
Categoría:Articulacións Categoría:Anatomía