José de la Cuesta Crespo, nado en Pontevedra o 12 de decembro de 1849 e finado en Madrid o 13 de xaneiro de 1893, foi un xurista, escritor e xornalista galego.

Traxectoria Estudou dereito e diplomacia na Universidade de Madrid. Colaborou no periódico La Reforma, de Madrid, no diario El Progreso de Pontevedra, onde publicou o artigo “Pontevedra juzgada por su naturaleza”, en La Unión Gallega e foi redactor de La Patria (1886). En 1887 fundou a revista La Ley, que se editou ata a súa morte. Foi membro correspondente da Sociedad Arqueológica de València, socio da Economía Matritense e da Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago de Compostela.

Obras Clases pasivas civiles y militares. El derecho de las clases pasivas, 1889. El procedimiento administrativo, 1890.

Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos

Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1849 Categoría:Finados en 1893