A palabra raíz, derivado do latín rādix, -īcis "raíz" (dunha árbore), "pé" (dunha montaña), "orixe", ten varios significados, todos eles derivados do termo botánico e que se adoptaron noutras áreas do coñecemento:

Botánica Raíz, órgano subterráneo das plantas superiores que a sustenta e contribúe ao seu mantemento, absorbendo auga e minerais do solo.

Gramática Raíz, conxunto de fonemas mínimo e irredutíbel que comparten as palabras dunha mesma familia léxica. Compárese con lexema.

Matemáticas

Raíz cadrada, , número real non negativo que, ao ser multiplicado por si mesmo, dá x. Función raíz, función matemática de fórmula . (A función raíz cadrada é un caso particular, cando n vale 2). É, polo tanto, a inversa á función potencia. Raíz dunha función, é un elemento x do dominio dunha función f tal que f(x)=0. Por esta razón, ás veces tamén se denota por cero dunha función.

Anatomía e medicina Raíz medular, punto da medula espiñal desde o que saen os nervios principais. Raíz dentaria, parte do dente que está cuberta polo cemento, situada en sentido proximal ao colo do dente e incrustada no alvéolo dentario.

Informática Directorio raíz, o primeiro directorio dunha xerarquía.