Monturque é un concello andaluz da provincia de Córdoba. No ano 2011 tiña 2.001 habitantes. A súa extensión superficial é de 33 km² e ten unha densidade de 60,8 hab/km². Atópase situada a unha altitude de 395 metros e a 61 quilómetros da capital de provincia, Córdoba.
Limita polo norte con Montilla, polo noroeste con Aguilar de la Frontera, polo leste con Moriles, polo sur con Lucena e polo oeste con Cabra. O nome do municipio deriva dos vocábulos "mons" (monte) e "urk" (ou "ruqa", rocha), cuxo significado é "Monte de Rocha" ou "Monte da Rocha". Isto queda plenamente xustificado xa que o pobo se asenta sobre unha gran rocha calcaria. Outra teoría afirma que o nome procede do conquistador bérber Tariq ibn Ziyad (monte de Tariq, Monturque), do mesmo modo que Xibraltar (Yabal Tariq, Monte de Tariq).
Véxase tamén Outros artigos Cisternas romanas de Monturque Ligazóns externas
C.E.I.P Torre del Castillo Universidad de Córdoba Monturque - Sistema de Información Multiterritorial de Andalucía Patrimonio cultural de Monturque en la Guía Digital del Patrimonio Cultural de Andalucía. IAPH
Categoría:Concellos da provincia de Córdoba