A lixa de lei, ou simplemente lixa,Lahuerta e Moriño (2000), p. 189. Centrophorus granulosus, é unha especie de tiburón da familia dos centrofóridos que habita no golfo de México, no Atlántico oriental, desde Francia até Suráfrica (incluíndo o Mediterráneo occidental) e nas costas de Madagascar, Australia, Nova Guinea e Honshu (Xapón).
Descrición A súa cabeza é cónica, co fociño curto e a boca un pouco arqueada. Os dentes posúen unha soa cúspide, imbricada e aguda no maxilar superior e baixa e abatida no inferior. Ten grandes ollos verdes luminiscentes e unha forte espiña precede ás dúas aletas dorsais. O extremo posterior das aletas pectorais acaba en punta, e carece de aleta anal. Os individuos xuvenís presenta coloración agrisada con toos viñosos, especialmente nas aletas, reberetadas de branco, e abrancazada no ventre; os adultos son de cor gris apardazada escura uniforme. Adoitan medir uns 150 cm, aínda que o tamaño máximo rexistrado corresponde a 160 cm no macho e 145 cm na femia.Pescalicante Consultada o 14/12/2012.
Hábitat e bioloxía
Típico animal das profundidades, vive na zona do noiro continental, habitualmente a 200 m de profundidade, aínda que se pode encontrar entre os 100 e os 1.400 m. Pode formar pequenos grupos. Ovovivíparo, as crías nacen miden uns 30 ou 40 cm de lonxitude ao nacer. Captúrase con artes de fondo, palangre e redes de arrastre.
Estado de conservación miniatura|170px| Mandíbulas de Centrophorus granulosus.
Segundo a IUCN, a súa situación é vulerábel.Centrophorus granulosus na Lista Vermella da IUCN. Consultada o 14/12/2012.
En Galicia Esta especie está citada na bibliografía ictiolóxica galega,Rodríguez Villanueva et al. (1992), p. 92. e para ela Ríos Panisse recolleu na Guarda o nome de lixa,Ríos Panisse, M. C. (1977): Nomenclatura de la flora y fauna marítimnas de Galicia. I. Invertebrados y peces.. Santiago de Compostela: Universidad de Santiago de Composrtela, Verba, Anejo 7. ISBN 84-7191-008-X, p. 169.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Compagno, Leonard; Marc Dando & Sarah Fowler (2005): Sharks of the World. New Jersey: Princeton University Press. ISBN 0-691-12072-2. Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8, p. 189. Moreno, Juan A. (2004): Guía de los tiburones de aguas ibéricas, Atlántico nororiental y Mediterráneo. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 978-84-282-1367-7. Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. John Wiley & Sons. ISBN 0-471-25031-7. Rodríguez Villanueva, X. L. e Xavier Vázquez (1992): Peixes do mar de Galicia. (I) Lampreas raias e tiburóns. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-654-8.
Outros artigos Tiburóns Lixas
Ligazóns externas Centrophorus granulosus en FishBase. Consultada o 14/12/2012. Centrophorus granulosos en ITIS. Consultada o 14/12/2012.
Categoría:Escualiformes Categoría:Peixes de Galicia Categoría:Peixes do océano Atlántico Categoría:Animais descritos en 1801