Centrophorus é o xénero tipo da familia dos centrofóridos, condrictios da orde dos escualiformes, que son tiburóns propios das augas profundas coñecidos como lixas.
As súas especies caracterízanse polo seu corpo fusiforme, de cor cincenta ou apardazada, polos seus ollos grandes de cor verdosa e por levaren espiñas en ambas as aletas dorsais.
Esta última característica está na orixe do nome xenérico (do grego antigo: κέντρον kéntron, "agullón", "espiña" e φορέω phoréo, "levar", "mostrar").
O xénero, presente no rexistro fósil desde o paleoceno, ten unha distribución que inclúe as augas oceánicas das rexións temperadas e tropicais.
Especies O xénero Centrophorus comprende as seguintes especies:Froese, Rainer e Daniel Pauly, (eds.) (2011): Centrophorus en FishBase. Edición de febreiro de 211. Consultada o 14/12/2012. miniatura|245px|Centrophorus granulosus miniatura|245px|Centrophorus squamosus
Centrophorus acus Garman, 1906 Centrophorus atromarginatus Garman, 1913 Centrophorus granulosus (Bloch & Schneider, 1801) (a lixa de lei, segundo Lahuerta e Vázquez,Lahuerta e Vázquez (2000), p. 189. ou lixa propiamente dita). Centrophorus harrissoni McCulloch, 1915 Centrophorus isodon (Y. T. Chu, Q. W. Meng & J. X. Liu, 1981) Centrophorus lusitanicus Barbosa du Bocage & Brito Capello, 1864 (a lixa lusitánica, segundo Lahueta e Vázquez) Centrophorus moluccensis Bleeker, 1860 Centrophorus niaukang Teng, 1959 Centrophorus robustus S. M. Deng, G. Q. Xiong & H. X. Zhan, 1985 Centrophorus seychellorum Baranes, 2003 Centrophorus squamosus (Bonnaterre, 1788) (a lixa negra, segundo Lahueta e Vázquez) Centrophorus tessellatus Garman, 1906 Centrophorus westraliensis W. T. White, Ebert & Compagno, 2008 Centrophorus zeehaani W. T. White, Ebert & Compagno, 2008
En Galicia
En augas galegas aparecen citadas na bibliografía as especies Centrophorus granulosus Rodríguez Villanueva et al. (1992), p. 92., para a que Ríos Panisse recolleu na Guarda o nome de lixa,Ríos Panisse, M. C. (1977): Nomenclatura de la flora y fauna marítimnas de Galicia. I. Invertebrados y peces.. Santiago de Compostela: Universidad de Santiago de Compostela, Verba, Anejo 7. ISBN 84-7191-008-X, p. 169. e Centrophorus squamosus Rodríguez Villanueva et al. (1992), p. 93. Non aparece na bibliografía galega Centrophorus lusitanicus pero, dada á súa área de distribución, non sería raro que tamén frecuentase as nosas augas.
Áreas de distribución das lixas citadas
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Compagno, Leonard; Marc Dando & Sarah Fowler (2005): Sharks of the World. New Jersey: Princeton University Press. ISBN 0-691-12072-2. Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8, p. 189. Moreno, Juan A. (2004): Guía de los tiburones de aguas ibéricas, Atlántico nororiental y Mediterráneo. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 978-84-282-1367-7. Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. John Wiley & Sons. ISBN 0-471-25031-7. Rodríguez Solórzano, Manuel; Sergio Devesa Regueiro e Lidia Soutullo Garrido (1983): Guía dos peixes de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-7154-433-4. Rodríguez Villanueva, X. L. e Xavier Vázquez (1992): Peixes do mar de Galicia. (I) Lampreas raias e tiburóns. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-654-8. Solórzano, Manuel R[odríguez]; José L. Rodríguez, José Iglesias, Francisco X, Pereira e Federico Álvarez (1988): Inventario dos peixes do litoral galego (Pisces: Cyclostomata, Chondrichthyes, Osteichthyes). O Castro-Sada, A Coruña: Cadernos da Área de Ciencias Biolóxicas (Inventarios). Seminario de Estudos Galegos, vol. IV. ISBN 84-7492-370-0.
Outros artigos Tiburóns Centrofóridos
Ligazóns externas Nomes científicos e sinónimos das especies de Centrophorus en FishBase. Consultada o 14/12/2012. Centrophorus en ITIS. Consultada o 09/02/2021. Centrophorus en NCBI. Consultada o 14/12/2012. Centrophorus granulosus en FishBase. Consultada o 14/12/2012.
Categoría:Escualiformes