miniatura|Carballo vello en Lugo miniatura|Carballeira de Santa Susana, en Santiago de Compostela As plantas teñen un significado primordial na cultura galega sendo as árbores e os bosques e as fragas os máximos expoñentes.
Castelao dicía Castelao, Sempre en Galiza, Libro I, cap. XXXII.: O albre é o símbolo do señorío espritual de Galiza.O albre é un engado dos ollos, pola súa fremosura; é unha ledicia dos ouvidos, porque nel cantan os paxaros; é un arrolador do esprito, porque nas súas ponlas conta contos o vento.O albre pídelle auga ao ceo para que a terra teña sangue, vida e bonitura.
Terra de bosques sagrados Nunha terra primordialmente campesiña e forestal as árbores eran esenciais na vida cotiá: combustíbel, construción (trabes), ferramentas (carro), menciñas (plantas medicinais), alimento (froiteiras) etc, polo que o sentido espiritual non era tampouco raro. Todos os trebellos que arrodeaban a vida dunha persoa dende o seu nacemento até o seu enterro (nunha caixa de madeira ), proviñan das árbores, non é de estrañar que tamén dende a noite dos tempos forme parte dos nosos deuses. Galicia identifícase cun país de meigas e menciñeiras, unha mestura moi antiga de tradicións preindoeuropeas, atlánticas, célticas coa cultura cristiá occidental, onde sobreviven mitos, malia a oposición da Igrexa católica, que intentou riscar os diversos cultos procedentes de vellas relixións, entre os que atopamos o culto ás árbores. Os bosques e fragas galegas énchense de lendas e tradicións pagás, moitas delas cristianizadas.
A árbore era o símbolo da resurrección da vexetación, tal como amosa a celebración dos maios, asociándose con festas de primavera-verán. O 3 de maio en Laza, os mozos rouban unha árbore e lévana até a praza principal da vila para presidir a festa. Os maios son en si mesmos unha festa de exaltación da fertilidade vexetal celebrada con cantares e con roupas vexetais que visten os mozos. Vicente Risco levou a cabo un estudo sobre os distintos tipos de cultos con vixencia en Galicia e distingue ao respecto: Cultos pagáns Culto aos montes e ás pedras Culto á auga Fitolatría (culto aos vexetais) Seres da nosa pequena mitoloxía
Crese que na antigüidade estaba moi estendido en Galicia o culto ás árbores. Unha boa proba apórtaa a toponimia galega: "Nemetóbriga", "Nemetatos", "Lucus" etc. Nemeth é unha voz celta que significa bosque sagrado, do mesmo xeito lucus é un vocábulo latino de semellante significado, ou incluso provir dunha raíz prerromana en relación coas divindades da luz. Todo isto dá xa conta da existencia de numerosos bosques sagrados na Gallaecia prerromana.
Aos nosos días chegan lendas e contos galegos relacionados cos bosques e fragas: trasnos, meigas, fadas, lobishomes, a Santa Compaña, o olláparo, o apalpador, mouros e mouras etc. Fálase de demos que foran expulsados do ceo ás fragas. A Igrexa Católica encirrouse en desprestixiar, concilio tras concilio, o culto as árbores que, procedente das vellas relixións, non desapareceu de todo e chega até os nosos días. As máis das veces mesturáronse tradicións pagás coas cristiás, como os baños das nove ondas da Lanzada, as lendas de Santo André de Teixido, o San Xoán etc. No caso das árbores sagradas, moitas foron consagradas a santos, como o carballo de Santa Mariña de Augas Santas en Allariz ou o carballo de Santo Antonio no Pazo de Vilar de Francos en Carballo. Os dous teñen unha lenda en común que di que cando se lle produce unha ferida no tronco botan sangue. Nos dous casos atribúen este feito aos milagres dos respectivos santos. A Carballa da Rocha é un carballo situado no concello de Rairiz de Veiga (provincia de Ourense), Monumento Natural dende o ano 2007. Estímase que ten uns 500 anos. Na carballeira do pazo de Cartelos no concello de Carballedo (Lugo), subsiste un exemplar, pouco coñecido, que pode ser o máis vello do mundo desta especie, que fai que sexa o ser vivo máis vello de Galicia xunto co castiñeiro de Pumbariños en Manzaneda (Ourense).
Propiedades máxicas dalgunhas árbores miniatura|Yggdrasil, árbore sagrada da mitoloxía nórdica. As árbores e plantas en xeral, presentan diversas propiedades máxicas e para sandar, pero tamén efectos contrarios. Cada árbore ten a súa función, os perennifolios, moitas veces considerados exóticos en Galicia, xa que adoitaban ser máis propios de climas mediterráneos, coma é o caso dos loureiros e das oliveiras, dicíase que protexían contra os lóstregos, os malos espíritos, as bruxas e evitaban que a envexa prexudique os meniños ou os animais da casa. Abondaba con pór unha póla enriba da entrada, tanto da casa coma da corte. Na porta das pousadas e tabernas era común pór unha póla de loureiro para indicarlle á xente que eran bos lugares de descanso. Cumpría así o ramo dúas funcións: protexía o viaxeiro e dáballe sorte ao negocio. No caso da oliveira, nove follas purifican e levábanas as mulleres que ían tomar as ondas. Tamén se usaba para protexer e conxurar nos nenos o mal da envexa, lévase o neno á oliveira e alí, espido, toca a árbore dicindo: oliveira bendita quita do neno a fada da envexa.
A sombra da nogueira non é recomendábel para as persoas e considérase nociva para as colleitas, dificultando que xermolen as sementes. Ademais da nogueira, son tamén árbores de mala sombra o castiñeiro, a figueira e o alcipreste dos cemiterios; durmir ao seu carón senta mal e até se pode enfermar. Pero xeralmente as árbores considéranse beneficiosas. Son as máis salientábeis o loureiro, a oliveira, o carballo e todas as árbores froiteiras. Este sentir popular recóllese no refrán: "Quen a boa árbore se achega, ben acubilla".
Tamén hai outras especies ás que se lles outorga un carácter máxico, moitas delas forman parte dos calendarios celtas, tal e como poden ser: o loureiro, o teixo, o bidueiro, o estripeiro, a abeleira, o freixo,o sabugueiro, a cerdeira, o, o lodoeiro, o cerquiño, o salgueiro, incluso algunhas árbores foráneas como o castiñeiro das bruxas, a oliveira ou o cinamomo ou árbore de Santo Eutelo (para curar a rabia).
Aínda hoxe está moi estendido o costume de plantar un limoeiro e un loureiro na horta ou no eido, ben preto da casa, ademais da utilidade, porque dá "boa sorte".
As árbores, en xeral, na cultura popular Léxico Árbore do muíño: eixo do muíño Constantino García González, s. v. árbol.. Árbore da cera: cirio pascual, chamado así porque se lle adherían follas e flores.Eladio Rodríguez, s. v. árbore. Árbore da ciencia do ben e do mal: a árbore do Paraíso terreal.Real Academia Galega 1913, s. v. árbore. Árbore da cruz: a cruz na que foi crucificado Xesucristo. Árbore da rabia: árbore de Santo Eutelo, cinamomo ; sangomiño (Cornus sanguinea) E. Losada, J. Castro e E. Niño (1992).; Pau de san Gregorio (Prunus padus) . Árbore da vida: substancia branca do cerebelo . Árbore de Apolo: o loureiro . Árbore de Baco: a vide . Árbore de Cibeles: o piñeiro . Árbore de Diana: amálgama de prata e mercurio . Árbore de Xúpiter: o carballo . Árbore de Marte: o freixo . Árbore de Minerva: a oliveira . Árbore de Plutón o alcipreste . Árbore de Venus: o mirto . Árbore do ceo: o ailanto (Ailanthus altissima) . Árbore druídica: o teixo . Árbore fría: o sangomiño . Árbore xenealóxica: representación en forma de árbore da ascendencia dunha familia
Refraneiro miniatura|Ó árbore sen froito chámolle leña pró lume A un árbore ruín e torto, ponlle axiña outro . Árbore de bo natío, cobre un palmo e paga cinco . Árbore sen frol, é coma día sen sol . Cada árbore da o seu froito . Coma os árbores son as persoas: uns dan sombra ou froitos, e outros nen sombra nen froitos . Do árbore caído todos fan pitelos Pitelos son as estelas que se sacan da madeira.. Do árbore derrubado todos levan algo . Do árbore que está no chao, todos cortan un ramallo . Dous árbores secos nunca frolecen Desaconsella o matrimonio entre vellos.. Non prantes árbores nin amanses poldros, nin chúfe-la muller de outro . Non prantes árbores nin amanses poldros, nin chúfe-la muller pouco nin moito . O árbore que nace torto, tarde ou nunca se endereita . O árbore que non dá froita, somentes pra leña é bo . O árbore ruín non dá máis que ruín froito . O árbore sen codia é coma a muller sen vergonza . Ó árbore sen froito chámolle leña pró lume . O que a bo árbore se acolle, boa sombra o cobre . Quen a bo árbore se achega, ben se acobexa .
Cantigueiro Arboriño que secaches/ tendo a iauga polo pé,/ e no tronco a firmeza/ e no ramiño o querer! Xaquín Lorenzo, 45..
Abeleira Refraneiro O ovo i a avelán, conforme veñen, van Eladio Rodríguez, s. v. ovo.Emilio Álvarez Giménez, 22 (O hovo e a velán, conforme veñen, van). Ó vilán, coa vara de avelán.Moreiras Santiso (1977), 143. Polo san Urbán espile o abelán.Xesús Ferro Ruibal: Diccionario dos nomes galegos, s. v. Urbán.San Urbán, 15 de maio.. Por Santa Madalena, a avelan chea Emilio Álvarez Giménez, 50. A Madalena celébrase o 22 de xullo.. Se queres ó teu home san, dálle avelán.Eladio Rodríguez González, s. v. avelán.Emilio Álvarez Giménez, 29 (Se queres o teu home sao, dall'avelao).Moreiras Santiso (1977), 64.
Cantigueiro Niste lugar de Facós/ non se crían abelairas/ que se crían boas mozas/ morenas pero saladas Xaquín Lorenzo, 108. No orixinal: avelairas. Xaquín Lorenzo engade que, a pesar do que di a cantiga, Lobeira si que é terra de abelairas.. Dios che dea os buenos días,/ millores as madrugadas,/ mociña que andas na horta/ collendo nas abelairas Xaquín Lorenzo, 71. No orixinal: avelairas.. Heiche botar un vestido/ da color do abelar/ porque deixaches saír/ a Rosiña pró curral Xaquín Lorenzo, 87. No orixinal: avelar, sair..
Adiviñas Ave teño de nome,/ de la a miña condición,/ o que non o discurre/ non ten discurrición [a avelá].Gárfer: Adivinancero popular gallego, 287. Ave teño de nome,/ llana son de condición,/ o que non acerta e discurre/ é un gran borricón.[a avelá]. Nace na fraga,/ na fraga se cría,/ naceu dunha vara/ e acaba sequiña.[a avelá].
Acivro miniatura|Pola de aciviño O acivro, segundo a cultura popular e o nomeado libro O Ciprianillo posúe facultades prodixiosas para namorar. Cando un mozo desexaba ser amado por unha rapaza abondaba ir á media noite da noite de san Xoán a apañar unha póla de acivro, levala ao mar e pasala por baixo das trece ondas, rezando de cada vez un credo. Así, a póla tórnase máxica e a moza á que se lle tocase con ela ficaría tolamente namorada do galán. Esta póla máxica recibe o nome de aciviño.Gran Enciclopedia Galega, s. v. acivro.
Ameixeira Refraneiro Ano de ameixas, ano de queixas.Real Academia Galega 1913, s. v. ano. Ano de ameixas, todas son queixas.Eladio Rodríguez, s. v. ano. Ano de moitas ameixas, poucas medas nas eiras.
Cantigueiro Casadiña de onte á noite/ déronme a comer ameixas,/ o meu marido vai fóra/ non teño a quen dar as queixas Fermín Bouza Brey 1929, 198. No orixinal: â noite, fora.. Fun ós figos á pereira,/ no’atopei senón cireixas,/ veu o dono das mazás:/ Deixa queda-las ameixas Xaquín Lorenzo, 86. No orixinal: no-atopei, quedalas.. Hei de faguer unha ponte/ de peras e de fatós/ pra pasearen os mozos/ de Gaiás para Facós Xaquín Lorenzo, 88. Gaiás é un lugar da parroquia de Santa Cruz de Grou, e Facós da parroquia de San Vicente de Lobeira, ambas do mesmo concello de Lobeira. Xaquín Lorenzo engade que entre estas dúas aldeas só hai un regato que non precisa ponte para cruzalo.. No medio de aquil camiño/ topei un ramo de ameixas;/ pasaches e non falaches,/ tanto levas como deixas Xaquín Lorenzo, 109.. San Xulián de Pereiriña/ feito de pau da ameixeira./ Nosa señora nos libre/ dunha muller cabuxeira.
Amendoeira Refraneiro Ano de almendras, ano de merda .
Cantigueiro Debaixo da túa ventana/ hai un almendro florido:/ o teu cabelo é a rama/ e con esto me despìdo Xaquín Lorenzo, 67..
Ameneiro