Interkosmos 6 (Интеркосмос 6 en ruso), tamén denominado Energia 1 ou Energiya 1, foi un satélite artificial soviético lanzado o 7 de abril de 1972 mediante un foguete Voskhod desde o cosmódromo de Baikonur.

Características Interkosmos 6 foi o primeiro membro (de dous, sendo o outro o Kosmos 1026) da serie de satélites Energiya, adicado ó estudo da magnetosfera e a atmosfera superior terrestre e dos raios cósmicos e os meteoroides no espazo próximo á Terra. Estaba enmarcado dentro do programa de colaboración internacional Interkosmos entre a Unión Soviética e outros países.

Foi inxectado nunha órbita inicial de 256 km de apoxeo e 203 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 51,8 graos e un período de 89,8 minutos. Reentrou na atmosfera de maneira controlada o 11 de abril de 1972.

Interkosmos 6 foi o primeiro da segunda xeración de satélites Interkosmos, sendo máis grande e pesado que os seus predecesores, cunha masa de 1825 kg, dos cales 1044 eran carga científica. O instrumento principal era un calorímetro de ionización (denominado BFB-C) construído en colaboración con Hungría, Polonia, Checoslovaquia e Romanía. Outro equipamento incluía unha emulsión fotográfica multicapa de bromuro de prata para a detección e seguimento de raios cósmicos, así como instrumentación electrónica para levar a cabo a mesma tarefa. A emulsión foi revelada fotoquimicamente, unha vez regresado a terra o satélite, polo Instituto Conxunto de Investigación Nuclear de Dubna e posta a disposición dos científicos dos países participantes no desenvolvemento da instrumentación.

As tarefas de Interkosmos 6 incluíron: Medición raios cósmicos con enerxías de entre 1012 e 1013 eV. Medir a composición química e o espectro da radiación de alta enerxía no espazo. Medir as propiedades dos meteoroides no espazo próximo á Terra.

O deseño do satélite estaba baseado no das cápsulas Vostok e regresou á Terra tras catro días de misión, devolvendo sans e salvos algúns instrumentos e rexistros para o seu estudo.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Kosmos 1026

Categoría:Satélites Interkosmos