O topónimo A Canteira indica un lugar onde se extrae pedra, unha canteira. Pode referirse a:

En Galiza A Canteira, lugar da parroquia de Castro, no concello de Carballedo; A Canteira, lugar da parroquia de Oza, no concello da Coruña; A Canteira, lugar da parroquia de Perillo, no concello de Oleiros; A Canteira, lugar da parroquia de San Pedro de Muro, no concello do Porto do Son; A Canteira, lugar da parroquia de Seixas, no concello das Somozas; A Canteira, lugar da parroquia de Campo, no concello de Trazo.

Véxase tamén Outros artigos

As Canteiras, lugar da parroquia de Senra, no concello de Oroso; A Canteirada, lugar da parroquia de Castromaior, no concello de Abadín.