Unión Libre. Cadernos de vida e culturas é unha revista de creación e pensamento aberta a temas vitais e interculturais de Galicia e do mundo, con especial atención á memoria histórica e cun deseño artístico integral. Ten como obxectivo a divulgación da creación multicultural dende perspectivas libertarias, abertas, críticas e independentes.

Características Coordinada dende Lugo por Carmen Blanco García e Claudio Rodríguez Fer, conta cun comité de redacción internacional composto por Xosé Luís Axeitos, Vsévolod Bagno, Diana Conchado, Carme Junyent, Lily Litvak, María Lopo, Kathleen N. March e Olga Novo.

Está ilustrada por artistas como Isaac Díaz Pardo ou Sara Lamas. Contou coa colaboración de escritoras e escritores do país e tamén de fóra del, como Luz Pozo Garza, José Ángel Valente, Noam Chomsky, Juan Goytisolo, Antonio Gamoneda, Ana Hatherly, Sergio Lima ou Joan Brossa. Recolle, ademais, traducións ao galego de clásicos eróticos latinos e de autores contemporáneos como Friedrich Hölderlin, Rimbaud ou Dylan Thomas. Publícase anualmente, dende 1996, en Ediciós do Castro, e polo xeral cada número é monográfico:

Números Nº 1: Mulleres escritoras / Alquimia Rimbaud / Ser poeta / Poesía visual / Ruedo ibérico (1996) Nº 2: Labirintos celtas / Dylan Thomas / Química Gamoneda / Amar india / Proceso Vega (1997) Nº 3: Literaturas integrais / Hölderlin Valente / Visión Brossa / Díaz Pardo / Mundo pingüín (1998) Nº 4: Erotismos (1999) Nº 5: Cantares (2000) Nº 6: Negritudes (2001) Nº 7: Indíxenas (2002) Nº 8: Paz (2003) Nº 9: Memoria antifascista de Galicia (2004) Nº 10: Amores (2005) Nº 11: Vermellas (2006) Nº 12: Cinemas (2007) Nº 13: A voz das vítimas do 36 (2008) Nº 14: Lugares (2009) Nº 15: Meus amores celtas, de Claudio Rodríguez Fer (2010) Nº 16: Lobo amor, de Carmen Blanco (2011) Nº 17: Retrospectiva Sara Lamas (2012) Nº 18: Visións (2013) Nº 19: Ensaios en espiral, de María Lopo (2014) Nº 20: O vello cárcere de Lugo (1936-1946), de Cristina Fiaño (2015) Nº 21: A cabeleira multilingüe (Poema en 65 idiomas), de Claudio Rodríguez Fer (2016) Nº 22: No principio foi o pracer, de Olga Novo (2017) Nº 23: Calidoscopio romanés, de Adina Ioana Vladu (2018) Nº 24: Letras lilas, de Carmen Blanco (2019) Nº 25: Arte epistolar, de Luz Pozo Garza (2020) N.º 26: Tigres de ternura, de Claudio Rodríguez Fer, edición de Olga Novo (2021) N.º 27: Voces anarquistas, de Lily Litvak (2022) N.º 28: Os mundos de Claudio Rodríguez Fer, de Natalia Regueiro e Marcela Bao (2023) N.º 29: O barallete, de Laura Paz Fentanes (2024) N.º 30: Isaac Díaz Pardo, de Carmen Blanco e Claudio Rodríguez Fer (2025)

Como proxecto de Unión Libre, deu comezo en 2010 a colección de cadernos gratuítos Poesía para tod@s. Esta colección iniciouse co volume Poemas polas vítimas do 36 en Galicia. Continuou con Poemas para Lugo, Poemas para lucenses, Poemas polas vítimas do 36 nas rías de Vigo e Pontevedra, Anarquista ou nada (Poemas de memoria libertaria) e Poemas para pais. Neles colaboraron Claudio Rodríguez Fer, Carmen Blanco, Olga Novo e Cristina Fiaño.

O seu ISSN é 1137-1250 e o depósito legal é C-1668-1996.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina de Unión libre

Categoría:Revistas editadas en Galicia Categoría:Revistas en lingua galega Categoría:Ediciós do Castro Categoría:Revistas literarias de España