A N-540 é unha estrada nacional, que vai de Lugo a Ourense. A nomenclatura actual desta vía, así como do resto das estradas nacionais de España, estableceuse no cuarto plan xeral de estradas de 1939-41 (Plan Peña).

Percorrido A estrada comeza en Lugo, e vai en dirección sur compartindo vía coa estrada N-640, que deixa á dereita cun desvío cara a Agolada en Vendas de Narón. Despois a N-540 atravesa Taboada, Chantada (cunha circunvalación) e A Barrela (Carballedo). Segue polos concellos de Vilamarín e A Peroxa até enlazar coa estrada N-525 (Benavente-Santiago de Compostela) no Empalme, en Cambeo (concello de Coles).

Antigamente continuaba até a fronteira con Portugal por Barbadás, Celanova, Bande e Lobios con fin na raia seca, mais este tramo foi renomeado como OU-540.

Véxase tamén Ligazóns externas Ley 25/1988, de Carreteras Inclúe Anexo co Catálogo da Rede de Estradas do Estado.

Categoría:Estradas nacionais de España Categoría:Estradas do Estado en Galicia