A.M. é o álbum de estrea da banda estadounidense de rock alternativo Wilco, publicado o 28 de marzo de 1995. O disco foi editado poucos meses despois da separación de Uncle Tupelo, un grupo de country alternativo que foi o predecesor de Wilco. Antes do lanzamento do álbum houbo un debate sobre se sería mellor que fose o disco de estrea de Son Volt, a nova banda do antigo vocalista de Uncle Tupelo, Jay Farrar.
Aínda que A.M. foi publicado antes do Trace de Son Volt', as recensións dos críticos foron modestas e as vendas baixas. Posteriormente os membros da banda considerárono un "fracaso", xaque Trace converteuse nun grande éxito comercial. Foi o derradeiro disco da banda en ser gravado cun estilo principalmente country alternativo, xa que nos seguintes traballos comezaron a expandir o seu son cara distintos xéneros.
Listaxe de cancións
Categoría:Álbums de Wilco Categoría:Álbums musicais de 1995 Categoría:Álbums de Reprise Records Categoría:Álbums de Sire Records Categoría:Álbums de estrea