Mar Regueras, nada en Barcelona o 11 de abril de 1970, é unha actriz catalá.
Traxectoria É Licenciada no Instituto do Teatro de Barcelona, ten estudos cinematográficos con Francisco Pino. Tamén se formou no Institut Superior de Dansa de Barcelona (clásica, contemporánea, jazz..) e é adestradora Nacional de Ximnasia Rítmica. E é doma clásica no Centro de Adestramento Víctor Álvarez.
Participou en varios programas de TVE, como El Grand Prix del verano, Música sí ou El semáforo, tamén nalgúns programas da televisión autonómica catalá TV3.
Iniciada no teatro, a súa primeira incursión como actriz en televisión foi cun papel recorrente na serie El comisario, de Telecinco. En cine debutou con Mi casa es tu casa.
Conseguiu unha candidatura na XVII edición dos Premios Goya, como Mellor actriz de repartimento polo seu papel na película Rencor.
Tivo unha relación con Toni Cantó da cal naceu a súa filla, Violeta, o 1 de novembro de 2006.
Filmografía Cine 2007: Los Totenwackers 2006: GAL 2005: Ninette 2005: Volando voy 2003: Sin hogar 2003: La flaqueza del bolchevique 2002: Rencor 2001: Mi casa es tu casa
Televisión 2015: Sin identidad. Antena 3. 2012: Hospital Central. Telecinco. Como Manuela. 2011: Tita Cervera. La baronesa. Telecinco. 2011: Los misterios de Laura (Caps. 18 e 19). La 1. 2011: Ángel o demonio (Cap. 6). Telecinco. 2008: Buscando al hombre perfecto. Telefilm. Canal Sur. Como Virginia. 2007-2009: Herederos. La 1. Como Julia Orozco Argenta. 2006: Àngels i Sants. TV3. 2005: Lobos. Antena 3. Como Mara Lobo. 2004-2005: De moda. FORTA. 2003: Sin hogar. Telefilm. 1999-2002: El comisario. Telecinco. Como Lola Écija. 1999: A las once en casa. La 1. 1997-1998: Música sí. La 1. Presentadora. 1996-1997: Gran Prix del Verano. La 1. Copresentadora.
Teatro 2010-2012: La guerra de los Rose 2000: Top Dogs 1999: Chicago 1993-1994: Golfus de Roma 1992: Cabaret
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web de Mar Regueras
Categoría:Actores de Cataluña Categoría:Actores de cinema de Cataluña Categoría:Actores de televisión de Cataluña Categoría:Actores de teatro de Cataluña Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Nados en 1970 Categoría:Actores de Hospital Central