Troyes é unha cidade do nordeste de Francia, capital do departamento de Aube (10), xunto ó Sena. "A cidade en forma de tapón de campo" (vista dende o ceo, é impresionante, coas súas árbores e canais debuxando o dito "tapón" a unhas 53 hectáreas do centro histórico), "o máis fermoso conxunto medieval de Francia". E aquí temos o secreto dos arqueólogos, que "as casas medievais" de Troyes son "case todas renacentistas" porque, tras o incendio xeral de 1524, os habitantes reconstruíron as súas casas "ó xeito de antes".

Administración A "comunidade de aglomeración" de Troyes (CAT) agrupa 11 comunas: Bréviandes, La Chapelle-Saint-Luc, La Rivière-de-Corps, Les Noës-près-Troyes, Pont-Sainte-Marie, Rosières-près-Troyes, Saint-André-les-Vergers, Sainte-Savine, Saint-Julien-les-Villas, Saint-Parres-aux-Tertres e Troyes.

Troyes é a capital de sete cantóns: O 1º cantón está formado por unha parte de Troyes e polas comunas de Saint-Parres-aux-Tertres e Villechétif (14.323 habitantes); O 2º cantón está formado por unha parte de Troyes e polas comunas de Creney-près-Troyes, Lavau, Mergey, Pont-Sainte-Marie, Saint-Benoît-sur-Seine, Sainte-Maure, Vailly e Villacerf (16.438 habitantes); O 3º cantón está formado por unha parte de Troyes (14.789 habitantes); O 4º cantón está formado por unha parte de Troyes, por unha parte de La Chapelle-Saint-Luc e polas comunas de Barberey-Saint-Sulpice, Le Pavillon-Sainte-Julie, Payns, Saint-Lyé e Villeloup (15.515 habitantes); O 5º cantón está formado por unha parte de Troyes (10.034 habitantes); O 6º cantón está formado por unha parte de Troyes e polas comunas de Laines-aux-Bois, Saint-André-les-Vergers e Saint-Germain (19.012 habitantes); O 7º cantón está formado por unha parte de Troyes e polas comunas de Bréviandes, Rosières-près-Troyes e Saint-Julien-les-Villas (17.010 habitantes).

Nas eleccións municipais de marzo de 2014 resultou elixido alcalde François Baroin da Unión por un Movemento Popular (UMP), na primeira volta.

Véxase tamén Outros artigos Troyes AC

Categoría:Cidades de Francia Categoría:Concellos do departamento de Aube