Xaime Subiela, nado en Chantada o 6 de xullo de 1969, é un politicólogo galego.

Traxectoria Licenciado en Ciencias Políticas e da Administración pola Universidade de Santiago de Compostela (1996). En 1999 fundou a empresa-cooperativa Cidadanía, Rede de Aplicacións Sociais. Traballou como investigador social e consultor público en temas relacionados coa participación cidadá, planificación estratéxica, normalización lingüística, desenvolvemento sustentable e cultura. Foi Vicedecano do Colexio de politicólogos/as e sociólogos/as de Galicia. É colaborador da Radio Galega e da revista Tempos Novos. Foi Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2012 coa obra Para que nos serve Galiza?.

Obras Ensaio Para que nos serve Galiza?, 2013, Galaxia.

Obras colectivas A normalización lingüística a debate, 2002, Edicións Xerais. Canda a Henrique Monteagudo, Socorro García Conde e Héctor López Ruíz de Castro.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Blog do autor A nación aberta Artigos en Praza Pública

Categoría:Nados en Chantada Categoría:Nados en 1969 Categoría:Sociolingüistas Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela