A afzeliaNome vulgar galego recomendado por Groba Bouza, F. (2006) en Vocabulario galego-castelán de carpintaría de madeira, Universidade de Vigo (Afzelia africana) é unha árbore da familia das fabáceas que medra en África occidental, desde Senegal ata Uganda polo leste e a República Democrática do Congo polo sur; acada unha altura de entre 10 e 18 metros nas sabanas e 30-35 nas forestasworldagroforestry.org, a súa madeira é moi valorada, aínda que se adoita mesturar para o mercado internacional coas doutras madeiras doutras árbores da mesma especie como a Afzelia bipindesis e a Afzelia pachyloba, comercializándose como doussié ou papao, sendo o Camerún o principal exportador. A súa casca emprégase na medicina tradicional e as súas follas ricas en nitróxeno enriquecen o solo.
Usos A súa madeira foi usada noutrora para a construción naval. Atopouse un barco do século IX afundido fronte a illa de Belitung (Indonesia) cuxo casco estaba feito de madeira de afzelia.
Hábitat Atópase entre rochas e penedos das forestas con Combretum collinum, Combretum molle e Annona senegalensis, en noiros rochosos, rocha núa, pradeiras arboradas, cavorcos, ribeiras, bosque de galería, tamén en solos secos; aluviais; fendas e en bosques húmidos etc ..
Taxonomía Afzelia africana foi descrita por James Edward Smith e publicado en Transactions of the Linnean Society of London 4: 221. 1798. Sinonimia* Intsia africana (Sm. ex Pers.) Kuntze (1891) Pahudia africana (Sm. ex Pers.) Prain
Notas
Véxase tamén
Bibliografía African Regional Workshop (Conservation & Sustainable Management of Trees, Zimbabwe) 1998. Afzelia africana. 2006 IUCN Lista Vermella de Especies Ameazadas. 20 de agosto de 2007 Outros artigos Características das fabáceas
Categoría:Afzelia Categoría:Fabáceas Categoría:Madeiras Categoría:Árbores forestais Categoría:Flora de África Categoría:Plantas descritas en 1798