Corumbá é un municipio brasileiro situado no Estado de Mato Groso do Sur, na fronteira coa Bolivia. É o máis extenso municipio do estado de Mato Groso do Sur.

Características Está situada xunto ó río Paraguai, e unida a Bolivia polo ferrocarril Brasil-Bolivia. Uns 60 % do seu territorio son ocupados polo Pantanal. A cidade ten a gandería e o turismo como actividades principais. Outras actividades son o comercio e os servizos, e algunhas industrias, como a de cemento. É tamén un importante porto fluvial. Comunícase por terra co resto do Brasil pola estrada BR-262.

Galería de imaxes

Véxase tamén

Ligazóns externas Prefectura Municipal de Corumbá sitio oficial Informacións de turismo en Corumbá Porto de Corumbá - información do Ministerio dos Transportes do Brasil Pantanal - Meio Ambiente informacións acerca do ecosistema do Pantanal

Corumba