Max Alexander Chiton, nado en Reigate (Surrey) o 21 de abril de 1991, é un piloto inglés. Fixo o seu debut na Fórmula 1 na tempada , competindo co equipo Marussia F1 Team, previamente competiu co equipo Carlin na GP2 de 2012. O seu irmán Tom tamén é un piloto de carreiras, que actualmente compite na World Touring Car Championship. Chilton vén dunha familia de entusiastas das carreiras e o seu pai, Grahame, é o titular do equipo Carlin Motorsport.

Carreira Karting Chilton comezou a súa carreira deportiva aos 10 anos de idade nos karts, onde pasou dous anos aprendendo na categoría cadete antes de subir a júnior na fórmula TKM, onde fixo aparicións regulares no podio, antes de volver a súa atención ás carreiras de coches á idade de 14 anos. Ao longo deste período Chilton correu na Super 1 National Kart Championships.

Coches T Desenvolveu a súa tempada de 2005 de karting no campionato de T Cars, para pilotos de entre catorce e dezasete anos de idade. Terminou oitavo na súa primeira tempada, antes de ser terceiro no Trofeo de Outono. Continuou en T Cars en 2006, onde terminou como subcampión detrás de Luciano Bacheta por só tres puntos. Gañou sete carreiras por seis de Bacheta.

Fórmula Tres miniatura|left|Chilton no equipo Hitech Racing nunha carreira en Croft na tempada 2008 de Fórmula Tres Británica Chilton fixo a súa debut na segunda carreira da tempada 2007 da Fórmula Tres Británica no equipo Arena Internacional, malia estar por baixo da idade mínima de 16 anos para participar na apertura da tempada logo de lograr unha dispensa especial sobre na véspera do seu 16 aniversario. O seu mellor resultado foi undécimo, en Bucarest e en Brands Hatch. Tamén fixo unha aparición no Campionato Star Mazda en Laguna Seca, como era un piloto invitado, Chilton non era elixible para obter puntos. Tamén pilotou nos 1.000 km de Silverstone de 2007, co seu irmán Tom por Arena, e terminaron sextos na xeral, oito voltas atrás do gañador, o Peugeot 908 HDi FAP de Nicolas Minassian e Marc Gené.

Chilton correu unha segunda tempada, esta vez co equipo Hitech Racing de David Hayle, e mellorou á décima posición no campionato. Logrou dous poles en Monza e Rockingham, e obtivo dous podios, segundo na primeira carreira en Oulton Park e terceiro en Rockingham. Trasladouse a Carlin Motorsport para a tempada 2009 de Fórmula Tres Británica, acadando tres poles nas catro primeiras carreiras. Chilton conseguiu dúas vitorias na tempada, a primeira no Autódromo Internacional do Algarve en Portimão, e a segunda na súa última carreira na Fórmula tres en Brands Hatch.

GP2 Series miniatura| right | Chilton pilotando un Carlin en Monza na tempada2011 das GP2 Series.

Chilton participou nas GP2 Asia Series na tempada 2009-10, pilotando un Barwa Addax. A partir de aí Chilton trasladouse a Ocean Racing Technology para a tempada 2010 das GP2 Series o seu mellor resultado foi unha 5ª posición.

En 2011 Chilton uniuse ao equipo Carlin, no que pilotara previamente en F3, para a primeira incursión do equipo na GP2 en 2011. Foi compañeiro doss campión da Formula Renault 3.5 Series Mikhail Aleshin e Álvaro Parente, terminou 22º na tempada 2011 das GP2 Asia Series e 20º na tempada 2011 da GP2 Series. Permaneceu co equipo, agora co apoio do equipo Marussia de Formula One, na tempada 2012 das GP2 Series xunto ao indonesio Rio Haryanto. Conseguiu o seu primeiro podio en Malaisia, e máis tarde a súa primeira pole position e a vitoria na carreira de Hungaroring. Esta importante mellora na forma, xunto cas constantes puntuacións en toda a tempada, deu lugar a que Chilton subira ao cuarto lugar no campionato de pilotos.

Fórmula Un En novembro de 2011 Chilton pilotou para o equipo Force India na proba de novos pilotos en Abu Dabi no Circuíto de Yas Mariña. Esta era a segunda vez que pilotaba un coche de Fórmula 1 logo dunha proba aerodinámica en liña recta para o equipo a principio do ano. Chilton foi nomeado máis tarde piloto de probas e reserva de Marussia F1 para a segunda metade da tempada de Fórmula Un, a partir do Gran Premio do Xapón. Chilton competiu na primeira sesión de adestramentos no Gran Premio de Abu Dabi de 2012 en novembro co equipo Marussia F1. O 18 de decembro de 2012, anunciouse que Chilton correría con Marussia F1 en .

En decembro de 2012, Nikolai Fomenko, o director de enxeñería de Marussia F1, anunciou que Chilton correría para o equipo como piloto titular na tempada . O equipo confirmouno ao día seguinte.

Racing récord Resumo da súa carreira

Tempada Series Nome do equipo Carreiras Gañados Poles Voltas rápidas Podios Puntos Posición 2005 T Cars ? ? ? ? 7 ? 8º T Cars Autumn Trophy 7 0 0 0 4 106 3º 2006 T Cars Tomax 20 7 7 ? 14 167 2º 2007 British Formula Three Championship Arena Motorsport 20 0 0 0 0 0 18º 2008 British Formula Three Championship Hitech Racing 22 0 2 1 2 72 10º 2009 British Formula Three Championship Carlin Motorsport 20 1 4 2 5 171 4º Formula Renault 3.5 Series Comtec Racing 1 0 0 0 0 0 40º 2010 GP2 Series Ocean Racing Technology 20 0 0 0 0 3 25º 2011 GP2 Series Carlin 18 0 0 0 0 4 20º 2012 GP2 Series Marussia Carlin GP2 Team 24 2 2 0 4 169 4º Fórmula 1 Marussia F1 Team Piloto de probas 2013 Fórmula 1 Marussia F1 Team 19 0 0 0 0 0 23º 2014 Fórmula 1 Marussia F1 Team 16 0 0 0 0 0 21º 2015 Indy Lights Carlin Motorsport 14 1 3 2 6 258 5º 24 Horas de Le Mans Nissan Motorsports 1 0 0 0 0 N/A Ret World Endurance Championship Nissan Motorsports 1 0 0 0 0 0 34º * Tempada enprogreso.

Resultados completos na Fórmula Renault 3.5 Series (key) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida. Ano Equipo 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 Pos Puntos 2009 Comtec Racing CATSPR CATFEA SPASPR SPAFEA MONFEA19 HUNSPR HUNFEA SILSPR SILFEA BUGSPR BUGFEA ALGSPR ALGFEA NÜRSPR NÜRFEA ALCSPR ALCFEA 40º 0

Resultados completos nas GP2 (key) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida. ano Equipo 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 DC Puntos 2010 Ocean Racing Technology ESPFEA18 ESPSPR16 MONFEARet MONSPR14 TURFEA9 TURSPR11 VALFEARet VALSPR11 RUFEA19 RUSPR19 GERFEA19 GERSPR16 HUNFEA17 HUNSPR16 BELFEA17 BELSPR11 ITAFEA8 ITASPR5 ABUFEA12 ABUSPR12 24º 3 2011 Carlin TURFEARet TURSPR17 ESPFEA12 ESPSPR11 MONFEA7 MONSPR6 VALFEARet VALSPRRet RUFEARet RUSPR19 GERFEA17 GERSPR6 HUNFEA18 HUNSPRRet BELFEA15 BELSPR16 ITAFEARet ITASPR18 20º 4 2012 Marussia Carlin GP2 Team MYSFEA3 MYSSPR7 BHR1FEA4 BHR1SPR5 BHR2FEA5 BHR2SPR13 ESPFEA7 ESPSPR5 MONFEA5 MONSPR2 VALFEA7 VALSPR4 RUFEA9 RUSPR19 GERFEA14 GERSPRRet HUNFEA1 HUNSPR11 BELFEA12 BELSPR22 ITAFEA4 ITASPR6 SGPFEA1 SGPSPR19 4º 169 * Tempada en progreso.

Resultados completos na GP2 Asia Series (Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida. Ano Equipo 1 2 3 4 5 6 7 8 DC Puntos 2009–10 Barwa Addax Team ABU1FEA16 ABU1SPR17 BHR1FEA18 BHR1SPR12 BHR2FEA19 BHR2SPR15 18th 2 Ocean Racing Technology ABU2FEA8 ABU2SPR6 2011 Carlin ABUFEA12 ABUSPR18 ITAFEA22 ITASPR15 22º 0 Resultados completos na Fórmula Un (Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida. Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 Pos. Puntos Marussia F1 Team Marussia MR03 Ferrari 059/3 1.6 V6 t AUS13 MAL15 BAH13 CHN19 ESP19 MON14 CANRet AUT17 RU16 ALE17 HUN16 BEL16 ITARet SIN17 XPN18 RUSRet USA BRA ABU 21º 0 Marussia F1 Team Marussia MR02 Cosworth CA2013 V8 AUS17 MAL16 CHN17 BHR20 ESP19 MON14 CAN19 RU17 ALE19 HUN17 BEL19 ITA20 SIN17 XPN17 COR19 IND17 ABU21 USA21 BRA19 23º 0 Marussia F1 Team Marussia MR01 Cosworth CA2012 V8 AUS MAL CHN BHR ESP MON CAN EUR RU ALE HUN BEL ITA SIN XPN COR IND ABUTD USA BRA NC 0

Notas

Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Nados en 1991 Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Inglaterra Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Marussia Categoría:Pilotos das 24 Horas de Le Mans