Giuseppe Tornatore, nado o 27 de maio de 1956 en Bagheria, Sicilia, é un director, guionista e produtor de cine italiano. Traxectoria Con tan só dezaseis anos foi capaz de poñer en escena textos de Luigi Pirandello e Eduardo De Filippo, máis tarde achegouse ao cine rodando documentais de gran valor artístico.

O éxito con máis sona da súa filmografía foi o filme Cinema Paradiso, a súa «ópera prima» en 35 mm coa que gañou un Óscar e un Globo de Ouro.

Porén Tornatore decepcionou co filme Están todos ben, aínda que foron mellor as cousas en 1994 con Pura formalidade. En 1998 dirixe A lenda do pianista no océano, filme que pasou sen moita repercusión para a crítica. O seu filme La Sconociuta deu que falar á crítica de todo o mundo. O último filme Baaria que participou na Mostra de Venecia en 2009, evoca unha historia fortemente autobiográfica asentada na súa Sicilia natal, chea de preciosismo fotográfico que evoca escenas de naturalismo italiano de matiz político, porén, a crítica cinematográfica internacional botouna novamente por terra. A apatía sobre a fita agudizouse ao coñecerse o orzamento da mesma pola familia de Silvio Berlusconi, propietaria de Medusa Film. Porén Tornatore é unha referencia obrigada do cine italiano. Na súa longa andaina, leva acumulado premios coma o do Festival de Salerno, un Óscar e un Globo de Ouro.

No 2006 realizou o documental Giuseppe Tornatore: un soño feito en Sicília

Obra Como director 1986 - Il camorrista 1988 - Nuovo cinema Paradiso 1990 - Stanno tutti bene 1991 - La domenica specialmente 1993 - The King of Ads 1994 - Una pura formalità 1995 - Lo schermo a tre punte 1995 - O home das estrelas 1996 - Ritratti d'autore 1998 - La leggenda del pianista sull'oceano 2000 - Malèna 2006 - La sconosciuta 2009 - Baarìa 2010 - L'ultimo gattopardo: Ritratto di Goffredo Lombardo 2013 - La migliore offerta

Como actor 2011 - Leopoldo Trieste, un intruso nella fabbrica dei sogni

Como guionista 1984 - Cento giorni a Palermo, Giuseppe Ferrara. 1986 - Il camorrista 1988 - Nuovo cinema Paradiso 1990 - Stanno tutti bene 1994 - Una pura formalità 1995 - Il grande Fausto, Alberto Sironi. 1995 - Lo schermo a tre punte 1995 - O home das estrelas 1998 - La leggenda del pianista sull'oceano 2000 - Malèna 2006 - La sconosciuta 2009 - Baarìa 2009 - Everybody's Fine, Kirk Jones. 2010 - L'ultimo gattopardo: Ritratto di Goffredo Lombardo 2013 - La migliore offertaComo produtor 1997 - Il figlio di Bakunin, Gianfranco Cabiddu. 2000 - Il manoscritto del principe, Roberto Andò.

Compositor BSO 1994 - Una pura formalitàEditor 1994 - Una pura formalità''

Véxase tamén

Ligazóns externas

Categoría:Directores de cinema de Italia Categoría:Filmes en lingua italiana Categoría:Produtores de cinema de Italia Categoría:Guionistas de Italia Categoría:Nados na provincia de Palermo Categoría:Nados en 1956