Por conxectura enténdese o xuízo (moral, ético ou matemático) que se forma das cousas ou sucesos por indicios e observacións.
En matemáticas, o concepto de conxectura refírese a unha afirmación que se supón certa, pero que non foi probada nin refutada até a data. Cando se demostra a veracidade dunha conxectura, esta pasa a ser considerada un teorema de pleno dereito e pode utilizarse como tal para construír outras demostracións formais.
Conxecturas en matemáticas Até hai pouco, a conxectura máis coñecida era o mal chamado último teorema de Fermat, mal chamado porque, aínda que Pierre de Fermat afirmou que encontrara unha demostración, non se puido encontrar ningunha entre os seus escritos tras a súa morte. Esta conxectura burlou a comunidade matemática durante máis de tres séculos, até que Andrew Wiles a demostrou finalmente en 1993 e a elevou ao rango de teorema.
Estas son algunhas das conxecturas máis famosas: Non hai números perfectos impares. Conxectura de Goldbach Conxectura dos números primos xemelgos Conxectura de Collatz Hipótese de Riemann Conxectura de Poincaré (demostrada por Grigori Perelmán) Conxectura abc Conxectura de Erdős-Straus
Véxase tamén Outros artigos Hipótese
Categoría:Matemáticas