Jesús Muruais Rodríguez, nado en Pontevedra o 24 de decembro de 1852 e finado na mesma cidade o 1 de xullo de 1903, foi un avogado, escritor, xornalista e crítico literario galego.
Traxectoria Fillo de Juan Muruais, pontevedrés, e Soledad Rodríguez, do Carril, Jesús foi o segundo de tres irmáns, un deles Andrés Muruais. Estudou na Universidade de Santiago de Compostela e licenciouse en Filosofía e Letras na Universidade Central en 1875. Foi catedrático de instituto en Cáceres, Ourense e Pontevedra, onde ensinou latín. Co seu irmán Andrés frecuentou as reunións da sociedade La Galicia Literaria, que tiñan lugar en Madrid en 1875, na casa da poetisa Emilia Calé. Destacou polo seu labor de crítico literario, sobre todo pola polémica que mantivo con Leopoldo Alas, Clarín. Colaborou en El Deber, El Porvenir, La Ilustración Gallega y Asturiana, El Independiente, El Heraldo Gallego, El Lérez, El Zorongo, El Eco de Orense, O Tio Marcos d'a Portela, Revista Contemporánea, El Heraldo, Galicia Moderna e Barcelona Cómica. Foi propietario dunha gran biblioteca e no seu domicilio celebrábanse parladoiros literarios aos que asistían Ramón María del Valle-Inclán, Víctor Said Armesto e Xerardo Álvarez Limeses.
O personaxe de Jesús Muruais aparece na novela La saga/fuga de J. B. (1972), de Gonzalo Torrente Ballester.
Obras Cuentos soporíferos, 1874.Cuentos soporíferos 1874, en Galiciana. Semblanzas galicianas, 1876. Semblanzas galicianas, nueva edición, aumentada con una segunda serie, 1884.Semblanzas galicianas, nueva edición… 1884, en Galiciana.
Vida persoal Irmán de Andrés Muruais, casou con Carmen Carrillo Falcón-Ribadeneira e foi pai de Andrés, Jesús e Soledad Muruais Carrillo.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Exposición Rexional de 1880 Filomena Dato Muruais (curmá)
Ligazóns externas
Ramos González, José Manuel: "Pontevedra decimonónica. Caciques y cultura" 3/8/2011 . * hermanosmuruais.blogspot.com.es
Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Xornalistas de Pontevedra Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1852 Categoría:Finados en 1903 Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Tradutores do francés Categoría:Tradutores ao castelán Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Poetas en lingua castelá Categoría:Profesores de educación secundaria