A Unión Deportiva Ourensá foi un equipo de fútbol galego, fundado en 1942 e que desapareceu en 1952 en Ourense.

Historia Naceu en 1942 da fusión do Galicia Sport Club Ourense e o Burgas FC da cidade de Ourense. Chegou a xogar en Segunda División tres tempadas, pero en 1952, ao final das mesmas desapareceu a causa de problemas económicos.

Na última tempada da súa historia chegou á final da Copa Federación, na que perdeu contra o Real Jaén por 3-1. Despois dese encontro o club declarouse en suspensión de pagos.

Como sucesor da Unión Deportiva Ourensá, fundouse na cidade o Club Deportivo Ourense.

Adestradores 1949/50 Cuqui Bienzobas 1950/51 Armando Márquez Ligorri 1951 - Pere Solé Junoy 1952 - Ricardo Gallart Selma

Datos do club Tempadas na 1ª: 0 Tempadas na 2ª: 3 Tempadas na 3ª: 6 Tempadas na Serie A Rexional: 1

Estatísticas de partidosPartidos100Gañados35Empatados18Perdidos47Goles a favor153Goles en contra192

Historial na liga TempadaCategoríaPostoCopa do Xeneralísimo1942-43Serie A3º 10px1943-443ª7ºSegunda rolda1944-453ª2º1945-463ª1º1946-473ª5º1947-483ª2ºSegunda rolda1948-493ª1º 10pxPrimeira rolda1949/502ª8ºSegunda rolda1950/512ª9º1951/522ª14º 10px

Palmarés Subcampión da Copa RFEF (1): 1952

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha do equipo

Categoría:UD Orensana