A Batalla de Gaza (en árabe: معركة غزّة) foi un conflito militar entre Hamas e Fatah que tivo lugar entre o 7 e 15 de xuño de 2007, na Franxa de Gaza. Despois de gañar as eleccións lexislativas palestinas en 2006, Hamás formou o Goberno de Unidade Nacional con Fatah en marzo de 2007, liderado por Ismail Haniyeh. Os combates entre milicianos de Fatah e Hamas continuaron, chegando a morrer máis de 100 combatentes nunha semana.

En xuño de 2007, os combatentes Hamas tomaron o control na Franxa de Gaza e eliminaron as oficinas de Fatah o que levou ao presidente da Autoridade Nacional Palestina, Mahmoud Abbas, a disolver o goberno e establecer o estado de emerxencia. Haniyeh foi destituído e Abbas gobernou Gaza e Cisxordania por decreto presidencial.

O CICR estima que morreron polo menos 118 persoas e máis de 550 foron feridas durante os combates.Gaza-Westbank – ICRC Bulletin No. 22 / 2007, AlertNet. Consultado o 16 de xuño de 2007.

Notas

Categoría:2007 Categoría:Batallas do século XXI Categoría:Palestina