A rexión do Exeo (en turco, Ege Bölgesi) é unha das sete rexións nas que se divide Turquía. Atópase na parte occidental desta, rodeada polo mar Exeo (Ege Denizi) polo oeste, a rexión do Mármara polo norte, a rexión do Mediterráneo polo sur e sueste e pola rexión da Anatolia Central polo leste.

Provincias Provincia de Afyonkarahisar Provincia de Aydın Provincia de Denizli Provincia de Esmirna Provincia de Kütahya Provincia de Manisa Provincia de Muğla Provincia de Uşak

Exeo