Aare Laanemets, nado o 6 de febreiro de 1954 e finado o 28 de outubro de 2000, foi un actor de teatro e cine e director de teatro estoniano.
Traxectoria Aare estudou na escola de teatro do Conservatorio de Talín estudando con Voldemar Panso e tras acabar en 1976 entrou na compañía do Teatro Dramático Estoniano, onde permaneceu ata 1983 para pasar ao Teatro Endla de Pärnu. En total representou máis de 40 papeis no teatro e musicais e dirixiu 11 pezas, delas 5 para o público infantil. En cine apareceu en máis de vinte películas, no de lingua rusa salienta o seu papel en Ostrov sokrovishch (1971) baseada na novela de Robert Louis Stevenson, A illa do tesouro e en estoniano o seu traballo na triloxía de Arvo Kruusement.
Categoría:Actores de teatro de Estonia Categoría:Actores de cinema de Estonia Categoría:Nados en 1954 Categoría:Finados en 2000 Categoría:Nados en Talín