En ciencias aplicadas, un modelo matemático é un dos tipos de modelos científicos que emprega algún tipo de formulismo matemático para expresar relacións, proposicións substantivas de feitos, variábeIs, parámetros, entidades e relacións entre variábeis e/ou entidades ou operacións, para estudar comportamentos de sistemas complexos ante situacións difíciles de observar na realidade.
O termo modelización matemática utilízase tamén en deseño gráfico cando se fala de modelos xeométricos dos obxectos en dúas ou en tres dimensións.
O significado de modelo matemático en matemática fundamental porén é algo diferente. En concreto, en matemáticas trabállase con modelos formais. Un modelo formal para unha certa teoría matemática é un conxunto sobre o que definiron un conxunto de relacións unarias, binarias e trinarias, que satisfai as proposicións derivadas do conxunto de axiomas da teoría. A rama da matemática que se encarga de estudar sistematicamente as propiedades dos modelos é a teoría de modelos.
Véxase tamén Bibliografía Ríos, Sixto (1995): Modelización. Madrid: Alianza Editorial. ISBN 978-84-206-2822-6. Stewart, James (2002): Cálculo, Trascendentes Tempranas. 4ª ed. México: Ed. Thomson Learning. ISBN 9706861270.
Outros arttigos Ligazóns externas Tipos de modelos matemáticos Consultada o 25/12/2012. Modelación Matemática Consultada o 25/12/2012.
Categoría:Matemáticas