miniatura|320px|Un mapa do Mundo árabe. Baseado na definición estándar do mundo árabe, que comprende os estados da Liga Árabe, máis do Sáhara Occidental.
Chámaselle Mundo árabe (en árabe: العالم العربي ) ou países árabes (árabe, البلدان العربية, al-buldān al-`arabiyya) os estados nos que a maiora da poboación son falantes árabes así como as poboacións de África do Norte, Oriente Medio e outros lugares.
A definición estándar do mundo árabe comprende os 22 estados e territorios da Liga Árabe que se estenden dende o océano Atlántico ao oeste, co Mar Arábigo ao leste, e o Mediterráneo ao norte do Corno de África e do océano Índico no sueste. Ten unha poboación de preto de 400 millóns de persoas, dos cales máis da metade son menores de 25 anos de idadeArab World Ministries.
O sentimento nacionalista árabe xurdiu na segunda metade do século XIX, xunto con outros movementos nacionalistas dentro do Imperio Otomán. A Liga Árabe formouse en 1945 para representar os intereses dos árabes e, especialmente, para o exercicio da unificación política dos países árabes, un proxecto coñecido como Panarabismo. As protestas populares no mundo árabe a partir de 2010 están dirixidas contra os gobernos e a corrupción asociada a estes, xunto coa demanda de máis oportunidades económicas.
O termo "mundo árabe" rexeitano normalmente aqueles que viven nesa rexión, xa que non se consideran árabes, como non semitas, berberes e kurdos, xa que implica toda a rexión árabe na súa identidade, poboación, e orixe, mentres que a patria orixinal dos árabes é a Península Arábiga. O termo tamén o rexeitan algunhas minorías indíxenas semitas como os Ashkenazim, sefaradim, Mizrahim, caldeos, asirios e siríacos, xa que son anteriores aos árabes en lugares como Iraq, Palestina e Siria. Coptos e outros exipcios tamén se definen como exipcios e non árabes.
Definición A denotación lingüística e política propia do termo árabe xeralmente predomina sobre consideracións xenealóxicas. Polo tanto, os individuos con pouca ou ningunha ascendencia da Península Arábiga poderían identificarse ou considerarse árabrs, en parte debido á súa lingua materna. Porén, esta identidade discútena moitos pobos. Por exemplo, os expcios poden ou non identificarse como árabes.
Definición territorial estándar miniatura|dereita|320px|Mapa dos estados membros da Liga Árabe. Baixo a definición territorial estándar do mundo árabe, os estados e territorios da Liga árabe constitúen o mundo árabe.
Aínda que non existe unha definición globalmente aceptada no mundo árabe, todos os países que son membros da liga árabe son xeralmente recoñecidos como parte do mundo árabe.Benjamin Hätinger, The League of Arab States, (GRIN Verlag: 2009), p.2.
A Liga árabe é unha organización rexional, cuxo fin é (entre outras cousas) considerar de maneira xeral os asuntos e intereses dos países árabes:
Esta definición terrirorial estándar considérase considérase ás veces apropiadaBaumann: 8 ou problemática,Deng: 405 e debe complementarse con algúns elementos adicionais.
Estados membros da Liga Árabe (en árabe: الجزائر ) (en árabe: البحرين ) (en árabe: جزر القمر ) (O comorense e o francés son as outras linguas oficiais) (en árabe: جيبوتي ) (O francés é a outra lingua oficial) (en árabe: مصر}} ) (en árabe: العراق ) (O Kurdo é a outra lingua oficial (minoritaria)) (en árabe: الأردن ) (en árabe: الكويت ) (en árabe: لبنان ) (en árabe: ليبيا ) (en árabe: موريتانيا ) (en árabe: المغرب ) </small>(O berber é a outra lingua oficial)</small> (en árabe: عمان ) (en árabe: فلسطين ) (Membro de pleno dereito da Líga Árabe e recoñecido pola maioría dos estados, excepto por Israel e outros estados occidentais) (en árabe: قطر ) (en árabe: المملكة العربية السعودية ) (en árabe: الصومال ) (O Somalí é a outra lingua oficial) (en árabe: السودان ) (O inglés é a outra lingua oficial (minoritaria)) (en árabeسوريا ) (en árabe: تونس ) (en árabe: الإمارات العربيّة المتّحدة ) (en árabe: اليمن )
Poboación
Posto País Poboación Clasificaciónmundial 1 91.425.854 16 2 37.100.000 34 3 34.848.000 35 4 33.425.000 39 5 32.666.179 40 6 28.660.000 45 7 25.502.000 49 8 21.740.340 55 9 10.673.800 77 10 9.656.000 85 11 8.089.000 93 12 6.449.000 103 13 6.345.023 106 14 4.293.313 125 15 4.268.000 126 16 3.378.254 134 17 2.889.000 138 18 2.883.000 139 19 1.921.000 149 20 1.341.000 155 21 923.000 158 22 767.000 163 Total 400.652.486
Área Pos País Área (km2) % do Total Aclaracións 1 2,381,741 18.1% País máis grande de África e do mundo árabe. 2 2,149,690 16.4% País máis grande en Oriente medio. 3 1.861.482 14.2% Anteriormente o país máis grande de África, antes da independencia do Sudán do Sur. 4 1.759.540 11.4% 5 1.025.520 7.8% 6 1.002.000 7.6% Non inclúe o Triángulo de Hala'ib (20,580 km²). 7 637.657 4.9% 8 527.968 4.0% 9 446.550 3.4% Non inclúe Sáhara Occidental (266,000 km²). 10 435.244 3.3% 11 309.500 2.4% 12 185.180 1.4% Incluíndo a parte de Altos do Golán (1,200 km²) administrada actualmente por Israel. 13 163.610 1.2% 14 89.342 0.7% 15 83.600 0.6% 16 23.200 0.1% 17 17.818 0.1% 18 11.586 0.08% 19 10.452 0.08% 20 6.020 0.05% 21 2.235 0.01% 22 758 0.005% Total 13.333.296 5.148.048
Notas
Categoría:Liga Árabe