Teeteto, en grego Θεαίτητος, en latín Theaetetus ou Theaitetos, nado en Atenas ca. 417 a.C. e finado en 369 a.C., foi un matemático grego.

Fillo de Eufronio, do demo ateniense de Sunión, as súas principais contribucións céntranse nos números irracionais, que se inclúen no Libro X dos Elementos de Euclides, que demostran que existen cinco poliedros sólidos convexos.

Platón colócao como interlocutor principal de Sócrates en dous dos seus diálogos, O Sofista e o chamado Teeteto.

Teeteto, como Platón, estudou baixo a dirección do matemático Teodoro de Cirene. Cirene era unha próspera colonia grega na costa do norte de África, na actual Libia, ao leste do golfo de Sidra.

Teodoro desenvolveu a teoría das cantidades inconmesurábeis e Teeteto continuou os seus estudos, clasificando varias formas de números irracionais como expresións de raíces cadradas. Esta teoría exponse con gran detalle no libro X dos Elementos de Euclides.Cornford, Francis (2008): La teoría platónica del conocimiento: Teeteto y El Sofista: traducción y comentario. 1ª ed. 1982. Paidós. ISBN 84-7509-164-4

Na obra de Platón Teeteto, o filósofo pon en boca de Teodoro a seguinte gabanza de Teeteto, dirixida a Sócrates:

Aparentemente, segundo a introdución ao mesmo diálogo, Teeteto faleceu a consecuencia das feridas e a disentería da que se contaxiou tras loitar na batalla de Corinto, que se cre que ocorreu no ano 369 a.C.

En 1935, a Unión Astronómica Internacional decidiu no seu honor darlle o nome de Theaetetus a un cráter de impacto lunar.Fichas dos cráteres lunares en Gazeteer of Planetary Nomenclature] Consultada o 26/12/2012.

Notas

Categoría:Matemáticos de Grecia Categoría:Nados en Atenas Categoría:Finados en -369