Un epónimo é un nome derivado dunha persoa que designa un pobo, lugar, concepto ou obxecto de calquera clase.
A eponimia é un costume xa presente en épocas arcaicas, en que non era infrecuente chamar a un período polo gobernante que ocupase o cargo; así, na Atenas clásica os anos levaban o nome do arconte epónimo, e na antiga Roma republicana os anos nomeábanse polos cónsules elixidos para o mesmo.
No Xapón o tempo mídese por eras, que son coincidentes coa duración do reinado dos seus emperadores; así, 2012 equivale ao ano 23 da era Heisei, do emperador Akihito.
Ao longo da historia, designouse o nome de unidades militares polo nome do seu comandante. E hoxe en día é frecuente nas ciencias; aínda que se trascenda do purismo etimolóxico, no presente é frecuente que se use cientificamente a palabra epónimo para designar xa non só a un personaxe, senón a un obxecto ou unha entidade da cal algo, por metonimia, o nome dun científico.Por exemplo, en Vipera seoanei, e nome específico seoanei é un epónimo de Seoane (o naturalista ferrolán Víctor López Seoane). En anatomía humana eran frecuentes os epónimos, pero na normativa terminolóxica actual non se recomenda o uso de epónimos (por exemplo, en vez de trompa de Falopio diríase tuba uterina).
Epónimos famosos Lugares Américo Vespucio - mariño - América. Atenea - deusa grega - Atenas. Simón Bolívar - político e militar - Bolivia, Repúblia Bolivariana de Venezuela, Repúblicas Bolivarianas. Cristovo Colón - navegante - Colombia, Columbia Británica, Distrito de Columbia. Filipe II de España - rei de España - Filipinas. Ho Chi Minh - dirixente vietnamita - Cidade Ho Chi Minh
Epónimos famosos
Alois Alzheimer – médico alemán - enfermidade de Alzhéimer. Aquiles - guerreiro mitolóxico grego - tendón de Aquiles, talón de Aquiles. Charles Cunningham Boycott - administrador inglés - boicot. Louis Braille - pedagogo e inventor - braille. Nicolas Chauvin, personaxe histórico da época napoleónica, chovinismo. Louis Daguerre - químico - daguerrotipo. Rudolf Diesel - enxeñeiro alemán - motor diésel. John Down - médico británico - síndrome de Down Joseph Ignace Guillotin - médico francés - guillotina. Gonzalo Rodríguez Lafora - médico español - enfermidade de Lafora Charles Lynch - xuíz estadounidense - linchamento. Miakhil Kaláshnikov - deseñador de armas de fogo ruso - fusil de asalto AK-47, máis coñecido como Kaláshnikov. Leopold von Sacher-Masoch - escritor - masoquismo. Samuel Finley Breese Morse - inventor - código morse. Viacheslav Mólotov - político soviético - cóctel molotov. Louis Pasteur - químico e microbiólogo - pasteurización. Donatien Alphonse François de Sade - escritor - sadismo. John Montagu IV - conde británico - sándwich. Adolphe Sax - músico - saxofón. Etienne de Silhouette - político francés - silueta. Ferdinand von Zeppelin - inventor alemán – cepelín ou dirixible.
Ámbitos especializados As seguintes persoas e os seus respectivos epónimos son coñecidos en ámbitos especializados. Ciencia e técnica Joel Asaph Allen - biólogo que estableceu a regra ecolóxica que leva o seu nome - regra de Allen. Carl Bergmann - anatomista, fisiólogo e biólogo alemán - regra de Bergmann. Karl Wilhelm von Kupffer - anatomista alemán - célula de Kupffer. George Boole - matemático irlandés - álxebra de Boole. Robert Brown - botánico escocés - movemento browniano. Clarence L. Farrar - entomólogo e apicultor estadounidense - regra de Farrar. Guillaume de l'Hôpital - matemático francés - regra de l'Hôpital Pierre de Fermat - matemático francés - último teorema de Fermat- Wiles Constantin Wilhelm Lambert Gloger - biólogo alemán - regra de Gloger. Edward A. Murphy Jr. - enxeñeiro estadounidense - lei de Murphy. Blaise Pascal - filósofo e matemático francés - pascal, unidade de presión no Sistema Internacional, linguaxe Pascal (unha linguaxe de programación en informática). Pitágoras- matemático e filósofo da Grecia antiga - teorema de Pitágoras Víctor López Seoane - naturalista galego - víbora de Seoane. Alan Turing - matemático británico - máquina de Turing.
Política Iosif Stalin - político soviético - stalinismo Francisco Franco - militar e político español - franquismo Vladimir Ilyich Lenin - político bolxevique - leninismo Mao Zedong - político chinés - maoísmo Josip Broz Tito - militar e político iugoslavo - titoísmo
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Topónimo
Categoría:Etimoloxía