O ácido elaídico ou ácido trans-9-octadecenoico CHEBIChemSpider - Elaidic acid é un ácido graxo insaturado trans, que é a principal graxa trans que se encontra nos aceites vexetais hidroxenados e aparece en pequenas cantidades no leite caprino e bovino (aproximadamente o 0,1 % dos ácidos graxos que conteñen) e nalgunhas carnes. É un isómero xeométrico do ácido oleico, sendo este último a forma cis. O nome da reacción chamada elaidinización procede deste ácido ; dita reacción consiste en alterar a orientación da configuración en torno aos dobres enlaces de cis a trans, o que incrementa o punto de fusión e a duración das graxas.

O ácido elaídico incrementa a actividade da proteína transferente de colesteriléster (CETP), a cal á súa vez eleva a cantidade de colesterol VLDL e diminúe a do colesterol HDL, o que pode favorecer a aterosclerose.

Utilízase comercialmente na preparación de oleatos e locións, e como solvente farmacéutico.PubChem compound - Elaidic acid

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Sommerfeld M. Trans unsaturated fatty acids in natural products and processed foods. Prog Lipid Res. 1983;22(3):221-33. PMID 6356151. . Graxas trans na natureza e nos alimentos.

Categoría:Ácidos graxos