El Obrero foi un periódico editado en Ferrol entre 1910 e 1936.

Historia e características Subtitulado Órgano de la Agrupación Socialista ferrolana y defensor de la clase trabajadora, apareceu como semanario socialista e converteuse en voceiro oficial da Agrupación Socialista de Ferrol en 1913. Estivo dirixido por Edmundo Lorenzo Santiago. Foi suspendido durante a Ditadura de Primo de Rivera e reapareceu en 1930. Estivo dirixido por Ángel Mato Peña. Pechado por orde gobernativa entre outubro de 1934 e abril de 1935, seguiu editándose ata xullo de 1936. Na Segunda República foi dirixido por Marcial Fernández Vázquez, Ángel Mato Peña, Manuel Morgado e Xaime Quintanilla. En maio de 1935 foi designado administrador Manuel Torres Sas.El Obrero, 11-5-1935, p. 1.

As súas páxinas fomentaron a polémica entre os partidarios galegos das teses esquerdistas de Largo Caballero e os defensores da liña moderada adoptada polo PSOE durante o primeiro bienio republicano. Entre os seus colaboradores figurou Tomás López da Torre e incluíu colaboracións de prestixiosas sinaturas do socialismo español como Luis Araquistain, Andrés Saborit, Sócrates Gómez e Francisco Largo Caballero.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia da Coruña

Categoría:Prensa escrita de Ferrol Categoría:Prensa socialista Categoría:1910 en Galicia