José María Paramés García-Barros, nado en Ponteareas e finado en Madrid o 7 de novembro de 1936Necrolóxica ABC, 14-5-1939., foi un avogado e político galego.
Traxectoria miniatura|250px|Pazo da Peregrina, residencia da familia Paramés García-Barros. Fillo de Domingo Paramés González e Jabiera García-Barros Pena, propietarios da Casa de Granxa da Peregrina en Bertamiráns. Auxiliar do Ministerio de Fomento, foi elixido deputado polo distrito de Muros en 1919 como maurista e en 1920 como conservador. Nas eleccións a Cortes de febreiro de 1936 presentouse como candidato monárquico pola provincia da CoruñaCandidatos ABC, 10-2-1936. pero non foi elixido. Logo da sublevación do 18 de xullo de 1936 foi detido en Madrid e encarcerado no Cárcere Modelo. Foi asasinado cos seus irmáns Carlos e Emilio e co seu tío Antonio Paramés González o 7 de novembro de 1936.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Matanzas de Paracuellos Ligazóns externas Ficha no Congreso dos Deputados Fotografías en Historia Local de Ortoño e a Maía:
Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Nados en Ponteareas Categoría:Finados en 1936 Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos