Xoán Carlos Carreira Pérez, coñecido como Calín, nado en Lugo o 21 de maio de 1956, é un profesor, político e sindicalista agrario galego.

Traxectoria É Enxeñeiro Técnico Agrícola, doutor Enxeñeiro Agrónomo e catedrático de Escola Politécnica Superior de Lugo. Foi membro de EGA e do Frente Estudantil da AN-PG. En 1975 integrase nos CALL, sendo un dos seus primeiros membros e un dos impulsores do Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas. Foi tamén voceiro do BNG no Concello de Lugo (1991-1996), así como membro do Consello Nacional desa formación en distintas etapas. Exerceu como vicerreitor de Infraestruturas da Universidade de Santiago de Compostela e director da Escola Politécnica Superior de Lugo.

Ten colaborado en diversos medios de comunicación, como A Nosa Terra, El Progreso, Vieiros e Praza Pública.

Obra en galego Ensaio Aloxamentos para gando vacún de leite, 1997, Xunta de Galicia. A pequena explotación agraria: ¿residuo do pasado ou alternativa de futuro?, 2007, Fouce. Historia de alguén chamado Xebranco (2022). Medulia. 192 páxs. ISBN 978-84-124948-6-0.

Obras colectivas e revistas Bases para a determinación dos parámetros que condicionan o dimensionado das estabulacións libres, 1997, Cooperación Galega. AGACA. Influencia dos custes de maquinaria, construcción e alimentación nos rendementos das explotacións leiteiras, 1998, Afriga. Análise de deseños, 1999, Fouce (A Estrada). Construcción e instalacións para gando vacún de leite, 1999, Fouce. Criterios xerais a seguir no dimensionado dos alonxamentos para gando vacún de leite, 1999, Fouce. Elementos constructivos e as instalacións nas estabulacións libres, 1999, Fouce. O establo, 1999, Fouce. A zona de munguir, 1999, Fouce. Cálculo do número de unidades das salas de muxir, 2001, Bovis. Do nacemento ao parto. Recría de xovencas, 2010, Xunta de Galicia. Cría e recría de xovencas frisoas para produción de leite e de xovencas de razas autóctonas, 2010, Xunta de Galicia. A agricultura galega desde outra perspectiva, 2012, A Revolta, publicado en Internet.

Obra en castelán Obras colectivas e revistas Los cubículos en las explotaciones de ganado vacuno de leche, 1997, Mundo Ganadero. Parámetros de diseño en los alojamientos para ganado vacuno de leche, 1997, Mundo Ganadero. Influencia del diseño de los cubículos y sus aspectos constructivos en el manejo del ganado vacuno de leche, 1998, Revista Española de Buiatría.

Obra en inglés Obras colectivas e revistas Algorithms for dairy barn design: Resting, feeding and exercise, 2006, Journal of Dairy Science. Relationship between layout and timber structures in freestall dairy cattle barns: Influence of internal features, 2008, Biosystems Engineering. Algorithms for dairy barn design: Maternity and milking areas, 2009, Journal of Dairy Science. Durability of timber structures in agricultural and livestock buildings, 2009, Biosystems Engineering. Indices for estimation of dairy free-stall occupancy, 2009, Applied Animal Behaviour Science. Recent trends in dairy barn design for farms in Galicia, 2009, Spanish Journal of Rural Development. Evaluation of traditional grain store buildings (hórreos) in Galicia (NW Spain): analysis of outdoor/indoor temperature and humidity relationships, 2010, Spanish journal of agricultural research. Design of algorithms for evaluating the efficiency of labour and variability of some group milking parlour parameters, 2012, Livestock Science.

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en Galegos.info "Galiza Rural" Páxina persoal de Xoán Carlos Carreira "Haicandar" Blog persoal de Xoan Carlos Carreira

Categoría:Sindicalistas do SLG - CC.LL Categoría:Nados en Lugo Categoría:Nados en 1956 Categoría:Concelleiros de Galicia polo BNG Categoría:Concelleiros de Lugo Categoría:Concelleiros de Galicia durante a democracia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes