O Partido Comunista de Albania (en albanés: Partia Komuniste e Shqipërisë, PKSH) é un partido político albanés comunista, antirrevisionista e Marxista-leninista. Dirixiuno Hysni Milloshi ata o seu falecemento en 2012.Ja partitë politike me emra të çuditshëm, 114 regjistrime ne Gjykatë Tema online

Historia O partido formouse en 1991, como unha escisión do Partido do Albanés do Traballo, que se converteu no Partido Socialista de Albania.

En 1998, o PKSH converteuse no primeiro partido comunista tras 1991 que foi aceptado pola Comisión Electoral.

En 2002, unha fracción do PKSH escindiuse e refundou o Partido do Albanés do Traballo.

Nas eleccións parlamentarias de 2005, obtivo 8.901 votos, o (0.7%) do total.

Nun congreso de unificación en 2006, o Partido Comunista de Albania, o Partido do Albanés do Traballo e pequenos partidos comunista fusionáronse nun único partido. Hysni Milloshi foi elixido líder do partido.

Publicacións PKSH publica Zëri i së Vërtetës ('A voz da verdade'), un xornal relacionado co partido

Mocidades As súas mocidades coñécense como Xoves Comunistas de Albania.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web do PKSH

Categoría:Partidos comunistas