A astrofísica é a parte da astronomía que estuda a localización, composición, propiedades (luminosidade, densidade, temperatura) e evolución dos obxectos astronómicos dende o punto de vista da física. O seu desenvolvemento foi posible grazas ós avances logrados pola espectrocopía e a fotografía cara finais do século XIX.