miniatura|dereita|K. pneumoniae vista con microscopio electrónico. Klebsiella é un xénero de bacterias gramnegativas con forma de bacilo, inmóbiles, oxidase negativas, que presentan unha gran cápsula de composición basicamente polisacarídica. Recibe o seu nome polo microbiólogo alemán Edwin Klebs (1834–1913). É un patóxeno humano frecuente, que pode orixinar unha ampla variedade de doenzas, principalmente pneumonía, infeccións do tracto urinario, septicemia, e infeccións de tecidos brandos. Produce infeccións nosocomiais (hospitalarias) e algunhas cepas son moi resistentes aos antibióticos.CDC - Klebsiella

As especies de Klebsiella son ubicuas na natureza. Están presentes no tubo dixestivo e no aparato respiratorio de homes e animais como bacterias comensais. Son frecuentes nas feces e poden ser un indicador de contaminación fecal. Abundan no solo, e auga e son fixadores de nitróxeno.

Patoxenicidade Klebsiella pneumoniae orixina infeccións respiratorias (pneumonías, abcesos pulmonares, pleuresías), infeccións intestinais e urinarias. Ten un efecto citotóxico sobre o epitelio das vías aéreas e pode ser responsable de infeccións nosocomiais. O seu poder patóxeno e a súa virulencia está ligada a varios factores: A súa cápsula de polisacáridos, que lle confire a Klebsiella pneumoniae un forte poder invasivo ao protexela da fagocitose e en certa medida dalgúns desinfectantes. Esta voluminosa cápsula explica o aspecto pegañento e empenado das colonias nos medios de cultivo habituais. O papel da cápsula non se comprende totalmente, e obtivéronse resultados diferentes nos estudos in vivo e in vitro. Produción de sideróforos (péptidos que captan ferro), Produción de lipopolisacárido (LPS) Produción dun complexo extracelular (tóxico para os tecidos pulmonares). Sábese que este efecto está ligado á cápsula, xa que desaparece nas bacterias viventes pero non capsuladas. Ademais, a citotoxicidade das cepas non capsuladas recupérase simplemente engadindo cápsulas extraídas por purificación dunha colonia capsuladaVictoria Cano et al. ; Klebsiella pneumoniae triggers a cytotoxic effect on airway epithelial cells ; BMC Microbiology 2009, 9:156doi:10.1186/1471-2180-9-156 ; on line: 2009/08/03 ; (Résumé). Produción de adhesina, que lle permite formar biofilmes. A subespecie ozenae pode ser patóxena nas vías respiratorias. A subespecie rhinoscleromatis é o axente específico do rinoscleroma.

Lista de especies Klebsiella pneumoniae (Schroeter 1886) Trevisan 1887 Klebsiella pneumoniae subsp. pneumoniae (Schroeter 1886) Ørskov 1984 Klebsiella pneumoniae subsp. ozaenae (Abel 1893) Ørskov 1984 Klebsiella pneumoniae subsp. rhinoscleromatis (Trevisan 1887) Ørskov 1984 Klebsiella oxytoca (Flügge 1886) Lautrop 1956 Klebsiella mobilis Bascomb et al. 1971 Klebsiella singaporensis Li et al. 2004 Klebsiella granulomatis (Aragão and Vianna 1913) Carter et al. 1999 Klebsiella variicola Rosenblueth et al. 2004.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Klebsiella article from eMedicine.com KLEBSIELLA, spp. Klebsiella

Categoría:Enterobacteriales