Julián Martínez Larrán, nado en Vigo o 17 de maio de 1928 e finado na mesma cidade o 13 de maio de 2009, foi un avogado e político galego.

Traxectoria Estudou nos Maristas de Vigo e Lugo. Licenciado en Dereito pola Universidade de Deusto. Foi profesor de Dereito Mercantil e Dereito Procesal na Escola San Raimundo de Peñafort de Vigo. Foi membro da Unión Democrática Española e presidiu o IV congreso de AP en Galicia. Foi elixido parlamentario pola provincia de Pontevedra nas primeiras eleccións autonómicas por Alianza Popular. Pertenceu ao Consello Social da USC (1987-1992). Finou en Vigo o 13 de maio de 2009.Faro de Vigo, 13-5-2009, p. 58. Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia por AP Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1928 Categoría:Finados en 2009 Categoría:Alumnos da Universidade de Deusto Categoría:Avogados de Vigo Categoría:Deputados da I Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes