Yersinia é un xénero de bacterias da familia Enterobacteriaceae. As Yersinia son bacilos gramnegativos de poucos microns de longo e menos dun micron de largo, anaerobios facultativos. Algúns membros de Yersinia son patóxenos humanos, especialmente Y. pestis, que é o axente causante da peste bubónica. Os roedores son os reservorios naturais das Yersinia; máis raramente poden servirlles de hóspedes outros mamíferos. A infección pode producirse por vía sanguínea (no caso de Y. pestis) ou polos alimentos, polo consumo de alimentos (especialmente vexetais, lácteros e carne) contaminados con urina ou feces infectadas.
Fisioloxía microbiana Unha característica peculiar dalgunhas bacterias Yersinia é a súa capacidade de sobrevivir e mesmo proliferar a temperaturas baixas de entre 1 e 4 graos Celsius (por exemplo en produtos vexetais mantidos no refrixerador). Non mostran especial resistencia á calor. Yersinia é inactivado relativamente axiña por axentes oxidantes como o peróxido de hidróxeno e solucións de permanganato potásico.
Patoxénese Y. pestis é o axente causante da peste bubónica (ou das súas formas pneumónica e septicémica).
Y. enterocolitica causa unha enfermidade chamada yersiniose, que é unha enterocolite con diarrea e linfoadenoma dos nódulos mesentéricos, que pode ser confundida coa apendicite, e que afecta a humanos e animais.
Y. pseudotuberculosis é menos patoxénica e causa en animais unha enfermidade con síntomas parecidos aos da tuberculose, incluíndo necrose de tecidos localizados e granulomas no bazo, fígado e ganglios linfáticos. Nos humanos causa a febre escarlata do Oriente asiático (similar aos síntomas producidos por Y. enterocolitica, pero sen diarrea) ou, en nenos, síntomas parecidos aos da apendicite.E-medicine - Yersinia pseudotuberculosis
Yersinia é un dos axentes que causa a artrite reactiva en todo o mundo.Nikkari, S.; Merilahti-Palo, R.; Saario, R.; Söderstrom, K. O.; Granfors, K.; Skurnik, M.; Toivanen, P. (1992). "Yersinia-triggered reactive arthritis. use of polymerase chain reaction and immunocytochemical staining in the detection of bacterial components from synovial specimens". Arthritis & Rheumatism 35 (6): 682–687. doi:10.1002/art.1780350613.
Historia
Yersinia pestis foi a primeira especie descrita do xénero, en 1894 polo bacteriólogo suízo A.E.J. Yersin e polo bacteriólogo xaponés Kitasato Shibasaburō, aínda que inicialmente á bacteria non se lle chamou así.Loghem, J. J. (1944). "The classification of the plague-bacillus". Antonie van Leeuwenhoek 10 (1–2): 15–16. doi:10.1007/BF02272779. PMID 20990853. Lehmann and Neumann denominárona en 1896 Pasteurella pestis (coñecida como bacilo da peste).Yersinia entry in LPSN [Euzéby, J.P. (1997). "List of Bacterial Names with Standing in Nomenclature: a folder available on the Internet". Int J Syst Bacteriol 47 (2): 590-2. doi:10.1099/00207713-47-2-590. ISSN 0020-7713. PMID 9103655. http://ijs.sgmjournals.org/cgi/reprint/47/2/590.] En 1944, van Loghem reclasificou as especies P. pestis e P. rondentium no novo xénero Yersinia. Despois da introdución do Código Bacteriolóxico, o xénero foi aceptado como válido en 1980.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Yersinia Enterocolitis Mimicking Crohn's Disease in a Toddler Sweden: Pork warnings over new stomach illness Yersiniagenomes and related information at PATRIC, a Bioinformatics Resource Center funded by NIAID
Categoría:Enterobacteriales