O Óscar ó mellor filme internacional ("Academy Award for Best International Feature Film"), chamado ata 2020 Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa ("Best Foreign Language Film"), é un dos Premios da Academia, popularmente coñecidos como Oscars, entregados anualmente pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (AMPAS). Este galardón entrégaselle ós filmes producidos fóra dos Estados Unidos co diálogo predominante non inglés.80th Academy Awards – Special Rules for the Best Foreign Language Film Award . Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas. Consultado o 2 de novembro de 2007.

Cando se celebrou a primeira cerimonia dos Óscar o 16 de maio de 1929, non existía unha categoría separada para filmes estranxeiros. Entre 1947 e 1955, a Academia presentou o Oscar especial/honorífico ós mellores filmes en lingua estranxeira estreados nos Estados Unidos. Porén, eses premios non se entregaron de forma regular (non houbo premio en 1953), e non eran competitivos xa que non había candidatos, senón simplemente un filme premiado por ano. Para a 29ª edición dos Óscar (1956), foi creado un Premio Oscar ó Mérito de carácter competitivo para os filmes en lingua non inglesa que foi entregado anualmente dende entón.

Historia Cando tivo lugar a 1ª edición dos Óscar en 1929, non se premiou ningún filme en lingua diferente ao inglés. Durante os primeiros anos da posguerra (1947–1955), oito filmes en lingua non inglesa recibiron premios especiais ou honoríficos. O líder da Academia Jean Hersholt indicou que "un premio internacional, se está administrado con coidado e propiedade, promovería unha relación máis achegada entre os cineastas estadounidenses e os dos outros países". O primeiro filme estranxeiro honrado cun premio así foi o drama neorrealista Sciuscià. Nos anos seguintes outorgáronse premios semellanes a outros sete filmes, un italiano, dous franceses, tres xaponeses e unha coprodución franco-italiana. Estes premios, non obstante, eran entregados de forma discrecional sen bases regulares e non eran competitivos posto que non había candidatos, senón só había un filme gañador por ano.

A categoría separada para filmes en lingua non inglesa creouse en 1956 e dende entón entregouse o premio todos os anos. O primeiro filme que recibiu o premio foi La Strada, que axudou a establecer a Federico Fellini como un dos máis importantes directores europeos.

Durante a xunta de gobernadores da academia o 23 de abril de 2019 decidiuse que a categoría pasaría a chamarse Mellor Filme Internacional a partir da 92ª edición dos Óscar. Discutiuse que o uso do vocábulo "estranxeiro" estaba "desfasado nunha comunidade cinematográfica global!, e o novo nome "representa mellor esta categoría, e promove un punto de vista inclusivo do cinema,e da arte do cinema como experiencia universal". Os criterios de elixibilidade mantéñense.

Elixibilidade Ao contrario que noutras categorías dos Óscar, o premio ao mellor filme internacional non require que os filmes se estreasen nos Estados Unidos para seren elixíbeis na competición.Estes filmes tiveron que ser estreados no país que os envía durante o período de elixibilidade definido polas regras da Academia e ser exhibidos durante polos menos sete días consecutivos nun cine comercial. O período de elixibilidade para a categoría difire do que se require noutras categorías e habitualmente comeza e remata antes do ano ordinario. Por exemplo, para a 30ª edición dos Óscar a data límite de estrea foi o 30 de setembro de 2007, mentres que nas demais categorías o período se estendía ata o 31 de decembro de 2007.80th Academy Awards – The Awards Year and Deadlines . Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas. Consultado o 2 de novembro 2007.

Aínda que ás veces o premio é chamado simplemente Óscar ao mellor filme estranxeiro,"Countries choose Oscar contenders", BBC News, 27 de setembro de 2005. Consultado o 19 de novembro de 2007. esta denominación é equívoca, posto que a nacionalidade importa menos que a lingua. Aínda que un filme non pode ser estadounidense para poder ser candidato ao premio, tamén ten que ser nunha lingua diferente ao inglés. Filmes estranxeiros que teñan a maioría do seu diálogo en inglés non poden ser elixidos para a categoría. Non obstante, a pesar da importancia da lingua, un filme completamente sen diálogos como Le Bal (1983) foi candidato ao premio.1984|Oscars.org"Fanny & Alexander" Wins Foreign Language Film: 1984 Oscars

Un filme pode ser rexeitado se o país que o presentou non exerceu control artístico suficiente sobre el. Varios filmes foron declarados inelixibles por este motivo, como foi Sè, Jiè (2007), seleccionado por Taiwán.Dore, Shalini. "Academy rejects Lust Caution as Taiwan Oscar entry" , Variety, 2007-10-18. Consultado o 5 de novembro de 2007. As descualificacións xeralmente teñen lugar antes da presentación das candidaturas, coa excepción de Un lugar en el mundo (1992), seleccionada polo Uruguai para a 65ª edición dos Óscar e descualificada por falta de presenza uruguaia despois de obter unha candidatura.

Dende a edición de 2006, os filmes enviados non teñen que ser nunha lingua oficial do país que o presenta.79th Academy Awards – Rule Changes . Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas, 2006-06-30. Consultado o 2 de novembro de 2007. Este requisito evitara que un país presentase filmes con diálogos en linguas non nativas, e o director executivo da Academia citou a regra como razón do rexeitamento de Private (2004), filme italiano descualificado porque as súas linguas principais eran o árabe e o hebreo."More Academy Resistance to Films from or About Palestine" , The Jerusalem Times, 2005-10-26. Consultado o 2 de novembro de 2007. O cambio desta regra permitiu que o Canadá recibise unha candidatura polo filme en hindi Water. O cambio do regulamento non afecta á elixibilidade de filmes estadounidenses, que continúan a ser descualificados pola súa nacionalidade. Así, o filme en xaponés Cartas desde Iwo Jima (2006) ou o filme en maia Apocalypto (2006) non podían competir polo premio aínda que si foron candidatos ao Globo de Ouro ao mellor filme en lingua non inglesa, que non ten restricións por nacionalidade.Kilday, Gregg. "Apocalypto on foreign Globes list", The Hollywood Reporter, 2006-11-28. Consultado o 9 de novembro de 2007.

Todos os filmes producidos nos Estados Unidos son inelixíbeis. Este feito inclúe tamén os filmes producidos nas posesións de ultramar. Porto Rico, recibiu unha candidatura por Lo que le pasó a Santiago (1989),Cinema Paradiso" Wins Foreign Language Film: 1990 Oscars aínda que dende 2011 a Academia decidiu non volver admitir filmes do territorio.

Gañadores e nomeados