José Torres Hurtado, nado en Píñar, Granada, o 15 de outubro de 1946, é un político español do ámbito do Partido Popular, alcalde de Granada de 2003 a 2016.

Biografía Ocupou a alcaldía de Granada desde 2003, cando o Partido Popular gañou as eleccións municipais nesta cidade por maioría absoluta e sucedeu o goberno tripartito (PSOE-IU-PA) da anterior lexislatura. Nas eleccións de 2007 ampliou a súa vantaxe en dous concelleiros cun 53,33% dos votos, conseguindo os mellores resultados da historia do PP en Granada e converténdose no primeiro alcalde democrático en conseguir dúas maiorías absolutas consecutivas na cidade.

Casado e con dúas fillas, José Torres Hurtado é Enxeñeiro Técnico Agrícola, e foi membro do Consello de Administración da RTVA.

Outros cargos políticos electos que ocupou antes da alcaldía de Granada foron (cronoloxicamente): deputado estatal por Alianza Popular en 1982, senador electo por Granada na terceira lexislatura (1986), Deputado Autonómico por Granada desde 1990, Deputado por Granada no Parlamento de Andalucía en marzo de 1996 e delegado do Goberno en Andalucía até a presentación da súa candidatura á alcaldía de Granada.

Xestión como alcalde Da súa lexislatura como alcalde entre 2003 e 2007 destacan as obras acometidas na cidade, como a reforma completa de dúas das principais vías da cidade (a Gran Vía e a avenida da Constitución) e a construción de tres pasos subterráneos en zonas de tráfico moi denso, así como a reconstrución integral do barrio de infravivendas de Santa Adela. Baixo o seu segundo mandato comezaron tamén as obras do Metropolitano de Granada, que dá servizo á capital, así como a varias vilas da zona metropolitana.

Caso Nazarí

Categoría:Nados en 1946 Categoría:Nados en Píñar Categoría:Políticos de Andalucía Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (II Lexislatura) Categoría:Senadores de España Categoría:Alcaldes de Granada Categoría:Políticos do PP Categoría:Deputados do Parlamento de Andalucía Categoría:Deputados do Congreso dos Deputados polo PP